Reino de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 192:
Nada máis chegar ao país, Pedro prometeu respectar a constitución.<ref name="vucinich65"/> Restaurouse o goberno constitucional e parlamentario.<ref name="vucinich67">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 67</ref> Aínda que o rei respectou o poder político, os gobernos do período non foron tan respectuosos coa legalidade, abusando en ocasións do seu poder e intimidando á oposición política.<ref name="vucinich67"/> Un factor de inestabilidade permanente, aínda que de poder flutuante, foron os conspiradores de 1903, que interferiron en ocasións nos labores de goberno e, especialmente, en asuntos militares, sobre todo até 1907.<ref name="vucinich102">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 102</ref> Os partidos tan pronto deploraban o seu poder como utilizaban a súa influencia ao seu favor.<ref name="vucinich102"/>
 
Os gabinetes do reinado de Pedro estiveron controlados na súa maioría polas dúas ramas do Partido Radical, o Radical propiamente dito, e o Partido Radical Independente, separados desde 1901.<ref name="jelavich192">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 192</ref><ref name="vucinich67"/> As posturas en política internacional dos principais partidos era a mismamesma, e en política interior as súas diferenzas tamén eran escasas.<ref name="vucinich67"/>
 
Os principais partidos eran, con moito, os dous Radicais.<ref name="vucinich67"/> A liberdade política permitiu, porén, o xurdimento doutras formacións, como o Partido Socialdemócrata.<ref name="vucinich67"/>