Reino de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 162:
A contención do avance austrohúngaro nos Balcáns, obxectivo ruso da Liga, quedou en segundo plano fronte aos desexos expansionistas dos coligados a custa do Imperio otomán.<ref name="jelavich218">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 218</ref> Demasiado débil para afrontar unha crise internacional nos Balcáns, Rusia pactou con Austria-Hungría unha declaración o {{data|8|10|1912}} advertindo aos membros da Liga da inutilidade dunha guerra na rexión, en balde.<ref name="jelavich218"/> O mesmo día Montenegro comezou as hostilidades de acordo ao plan trazado e comezou a [[Primeira guerra balcánica]].<ref name="jelavich218"/>
 
As tropas serbias acudiron en axuda dos búlgaros que asediaban [[Edirne]] mentres que, á vez, avanzaban máis alá da liña acordada con Bulgaria en Macedonia, tomando [[Ohrid]], [[Bitola]] e [[Prilep]].<ref name="jelavich219">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 219</ref> Serbia pretendía ademais lograr unha saída ao [[Adriático]] para evitar o cerco austrohúngaro, e avanzou cara [[Durrës]] (de maioría albanesa)<ref name="jelavich219"/> e [[Shkodër]], xunto con tropas montenegrinas.<ref name="jelavich219"/> A comezos de 1913 as potencias impuxeron o fin das hostilidades e a decisión austrohúngara e italiana de evitar a expansión serbia no Adriático asegurou a formación dunha Albania independente.<ref name="jelavich219"/> Serbia reclamou compensacións en Macedonia, que foron rexeitadas por Bulgaria, que defendía a división orixinal de territorios.<ref name="jelavich220">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 220</ref> Serbia logrou o apoio do goberno grego, que desexaba a expulsión de Bulgaria das cercaníasproximidades de [[Salónica]], e dos rusos, desencantados coa actitude de Bulgaria, que se inclinaba á guerra.<ref name="jelavich220"/> O {{data|29|6|1913}} Bulgaria atacou aos seus antigos aliados, convencida da súa superioridade militar, sendo derrotada a finais de xullo.<ref name="jelavich221">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 221</ref>
 
Polo [[Tratado de Bucarest (1913)|Tratado de Bucarest]] do {{data|10|8|1913}} Serbia practicamente duplicou o seu territorio, obtendo territorios macedonios previamente asignados a Bulgaria.<ref name="jelavich221"/> Coa división do [[Sandžak]] de Novi Pazar con Montenegro obtivo unha fronteira común con este país.<ref name="jelavich221"/>