Reino de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 185:
A [[Revolución de Febreiro]] en Rusia tras a ocupación de Serbia polo inimigo debilitou a postura de Pašić, que tivo que mostrarse máis conciliador.<ref name="banac123">[[#Bibliografía|Banac (1988)]], páx. 123</ref> O resultado do acercamento entre o goberno serbio e o Comité foi a [[Declaración de Corfú]] de {{data|20|7|1917}} na que ambas as partes proclamaban a súa intención de formar un novo estado iugoslavo.<ref name="banac123"/> A ambigüidade de certas pasaxes da declaración, que se interpretaron de maneiras diversas, deron máis adiante lugar a conflitos entre as diversas posturas que diferían no modelo de Estado.<ref name="banac124">[[#Bibliografía|Banac (1988)]], p. 124</ref>
 
A situación só cambiou cando, por un lado, as principais potencias Aliadas acordaron abandonar o mantemento da unidade territorial do [[Imperio austrohúngaro]] ante o fracaso das negociacións de paz co emperador [[Carlos I de Austria|Carlos de Austria]] na primavera de 1918 e, por outro, a ofensiva na fronte de Salónica, baixo mando francés, logrou romper as liñas xermano-búlgaras no [[río Vardar]] a mediados de setembro de 1918.<ref name="magocsi124"/> Poucos días despois Bulgaria rendíase, asinando un [[armisticio]] o {{data|30|9|1918}}.<ref name="magocsi124"/>
 
O exército de Salónica, con divisións serbias, avanzou cara ao país, recuperando rapidamente posicións ante o repregamento dos restos das forzas dos Imperios Centrais e alcanzando Belgrado o {{data|1|11|1918}}.<ref name="krizman67">[[#Bibliografía|Krizman (1970)]], páx. 67</ref>