Illas Malveiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Cómpren coordenadas}}
 
[[Ficheiro:O Carril - Sinal - Illas Malveiras - Illas Briñas e illa de Cortegada-19.jpg|miniatura|300px|Ó fondo e á esquerda, as illas Malveiras; á dereita, a [[illa de Cortegada]]; entre elas, as [[illas Briñas]]. [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|O Carril]]]]
As '''Illas Malveiras''' son un subarquipélago [[Galicia|galego]] na [[provincia de Pontevedra]] que forman parte do [[arquipélago]] de Cortegada, e con ela integradas no [[Parque nacional das Illas Atlánticas]]. Sitúanse a poñente da [[Illa de Cortegada]] e están formadas por dúas pequenas illas (''Malveira Grande'' e ''Malveira Pequena'') e un illote (''Illa das Cabras''); no seu conxunto suman 5,5 hectáreas de superficie. A meirande está arrodeada de area en toda a súa parte sur e é rochosa na súa parte norte; contén vexetación (especialmente toxos ''([[Ulex europaeus]])'', [[fento]]s, [[figueira]]s bravas e [[loureiro]]s) e posúe un par de piñeiros na súa cima. Está coroada por unha vella cruz de pedra e tamén pode verse os restos dunha caseta de [[ladrillo]]. A ''Malveira Pequena'' é máis baixa e pedregosa ca a anterior, e nela só medra o toxo.