Xenómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón máis específica
Liña 6:
 
== Diferenzas da xenómica con outras pólas da bioloxía ==
A diferenza da [[xenética]] clásica]], que a partir dun [[fenotipo]] (xeneralmente mutante) procura o ou os xenes responsables de dito fenotipo, a xenómica ten como obxectivo predicir a función dos xenes a partir da súa secuencia ou das súas interaccións con outros xenes. Así, a xenómica ten un enfoque distinto para responder preguntas biolóxicas cando se compara con outras pólas da bioloxía máis tradicionais. En lugar do enfoque reducionista máis comunmente usado noutras ramas como son a [[bioloxía molecular]] ou a [[bioquímica]], a xenómica trata estes problemas de maneira global. No caso do estudo puro de xenomas, a secuenciación dun xenoma xera información sobre todos os xenes presentes nun xenoma. Distintas características dos xenes como a posición no xenoma, a conservación dos xenes observada entre distintas especies e as predicións da estrutura das proteínas ou o [[ARN]] codificados permiten inferir a función dalgúns dos xenes estudados. Na xenómica aplicada a estudios de [[transcriptoma|transcriptómica]] estúdanse os patróns de expresión de distintos xenes a unha escala global (véxase [[Chip de ADN]], [[PCR en tempo real]]). Desta forma é posible suxerir posibles funcións e interaccións de xenes observadas nun punto no tempo.
 
Os estudos xenómicos caracterízanse pola súa interdisciplinariedade, debido a que o gran número de datos xerados nun estudo deste tipo require combinar tanto coñecementos biolóxicos coma estatísticos e informáticos.