Marcos o Evanxelista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Adoita identificárselle con "Xoán, tamén chamado Marcos". Este personaxe aparece varias veces nos [[Feitos dos Apóstolos]]. Cítaselle por primeira vez en Feitos 12:12, cando [[Pedro, Papa|Pedro]], milagrosamente liberado do cárcere, refúxiase en casa de María, nai de Xoán, por alcume Marcos. Acompañou a [[Paulo de Tarso|Pablo de Tarso]] e a [[Bernabé]] na primeira viaxe de [[Paulo]] (Feitos 13:5), pero separou deles cando chegaron a [[Panfilia]], regresando a [[Xerusalén]] (Feitos 13:13). Cando Paulo ía iniciar a súa segunda viaxe, tivo unha grave disputa con Bernabé á mantenta de Xoán, chamado Marcos: Bernabé quería que fose con eles, pero Paulo negábase, xa que os abandonara na viaxe anterior. Paulo e Bernabé terminaron por separarse, e Marcos acompañou o segundo na súa viaxe a [[Chipre]] (Feitos 15:37-39).
 
Non está claro se este personaxe, "Xoán, tamén chamado Marcos" é o mesmo ao que se fai referencia nalgunhas epístolas atribuídas a Paulo, concretamente en [[Timoteo]] 4:11, [[Colosenses]] 4:10, [[Filemón]] 1:24 e na Primeira [[Epístola]] de Pedro (1Pedro 5:13). En Colosenses e Filemón di del que é primocurmán, ou sobriño, de Bernabé, o que podería explicar que este disputase con Paulo acerca de Marcos.
 
Non está claro que todas as mencións neotestamentarias fagan referencia ao mesmo personaxe, aínda que si parece o máis probable.