Abellón (macho da abella): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Os abáboros aparecen normalmente na primavera, perdurando en toda a estación reprodutiva da colonia, primavera-verán-comezo de outono, sempre que existan raíñas sen fecundar; o tempo de vida da abella macho é de aproximadamente 3 meses. Se o fluxo de alimento é escaso as abellas obreiras expulsan os machos, os cales acaban morrendo de frío ou fame fóra da colmea. As colmeas con raíñas virxes toléranos ata a fecundación da mesma.
 
A fecundación da [[abella raíña]] ou abella mestra prodúcese no [[voo de fecundación]] ou voo nupcial, que normalmente as raíñas repiten en dúas, tres e ata en cinco oportunidades. Copulando en pleno voo para caeren ao pasto moitas veces xuntos. Logo da cópula o abáboro morre dado que se desprende o seu aparello xenital. As raíñas copulan con ata 15 abáboros, asegurándose deste xeito unha [[variabilidade xenética]] (debido á poliandria: varios pais) que terá a prole. A raíña garda no interior do seu abdome o esperma dos diferentes machos cos que copulou. Os abáboros non posúen aguillón, xa que este é en realidade un colector de ovos modificados.
 
== Ciclo vital do abellón ==