Especiación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
A duración dos fenómenos de especiación non foi estimada na [[biosfera]] actual porque aínda non se viu aparecer unha nova especie en condicións naturais. Estimacións de especiacións moi numerosas en lapsos de tempo relativamente curtos foron realizados nalgunhas [[illa]]s, como por exemplo en [[Hawai]] con [[Drosophila]], porén, semiespecies capaces de hibridar parecen terse mantido en tal situación durante millóns de anos.
 
A variación, oue [[variabilidade xenética,]] éson un aspectoaspectos moi importanteimportantes á hora de entender o concepto de especiación. No marco dunha simple especie ten moitas implicacións en case tódolos aspectos da [[bioloxía]], especialmente na interpretación das especies e os procesos de especiación. Este concepto refírese ós cambios que se producen no material xenético dunha [[poboación]] ou especie que pode estar causada por fenómenos como a [[mutación]], recombinacións ou alteracións no [[cariotipo]]. [[Taxonomía|Taxónomos]], [[Xenética|xenetistas]], [[Evolución|evolucionistas]] e [[Ecoloxía|ecólogos]] incrementaron o interese polo seu estudio en maior profundidade, xa que se pensa que a variación por debaixo do nivel específico, encerra a clave para entender a orixe das especies.
 
O mantemento da variabilidade xenética é importante para a supervivencia das especies, xa que responde a unha variedade de forzas selectivas ambientais, dando lugar ó predominio de certos xenotipos en poboacións de diferentes áreas ou tipos de hábitat.