Diferenzas entre revisións de «Incesto»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 57 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q127683)
O '''incesto''' defínese como a [[relación sexual]] entre parentes próximos. Na maioría das culturas o incesto é un [[tabú]], a gran maioría das lexislacións do mundo considérano como [[delito]], mesmo de se practicar con "mutuo consentimento" entre maiores de idade, non obstante que o grado de parentesco en que esas relacións quedan prohibidas varía segundo as [[cultura]]s e os períodos históricos. En toda a historia atópanse só tres excepcións á prohibición universal do incesto: as das monarquías do [[Antigo Exipto]]; a dos monarcas do [[Tawantinsuyo]] e as dos antigos monarcas [[Hawai|hawaianos]]. En todos eses casos primaba unha razón de Estado que se podía resumir no intento de concentrar o poder nunha [[Familia (socioloxía)|familia]]; por isto tales incestos adoitaban ser ás veces nominais e era frecuente a polixinia por parte dos homes nesas parellas legalmente incestuosas.
A [[consanguinidade]], a procreación entre parentes, aumenta a frecuencia de [[homocigose]] dentro dunha poboación, reducindo a súa variabilidade [[xene|variabilidade xenética]].
 
{{Sexo}}
191.653

edicións