Diferenzas entre revisións de «Confederación muisca»

sen resumo de edición
 
A Confederación xurdiu cara o [[1450]] e subsistiu até aproximadamente o [[1541]], ó consolidarse a [[conquista española das nacións chibchas]] no territorio central colombiano. Abranguía dende o [[río Chicamocha]], polo norte, até o [[páramo de Sumapaz]], polo sur, e dende [[Vélez, Santander|Vélez]], [[Facatativá]] e [[Zipacón]], polo oeste, até a Cordilleira Oriental, veciña coas chairas de [[Meta, Colombia|Meta]] e o [[Casanare]], polo leste.<ref>Uricoechea, Ezequiel. ''Gramática de la lengua muisca''. Introducción. París, 1871.</ref>
 
== Xerarquía social ==
Os [[pobo muisca|muiscas]] estimaban moito a pureza do sangue, polo que as familias nobres procuraban non mesturarse xamais cos plebeos, e menos aínda cos pobos das terras quentes, ós que consideraban bárbaros e inferiores.<ref name="Restrepo">Restrepo, Vicente. ''Los chibchas antes de la conquista española''. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII</ref> No seo de todas as familias muiscas se aplicaba o sistema de sucesión matrilineal, e o [[zipa]] só nomeaba novos uzaques cando non había ningún herdeiro natural, en cuxo caso nomeaba a un xeneral dos [[güecha]]s.<ref name="Uricoechea">Uricoechea, Ezequiel. ''Gramática, vocabulario, catecismo y devocionario de la lengua chibcha''. (París, Maison Neuve, 1871) Introducción, p. XXVIII</ref>
 
No [[Lingua muisca|muysccubun]] hai un amplo vocabulario para designar os rangos de xerarquía, organizada, en termos xerais, da seguinte maneira:
 
[[Ficheiro:BOG 04 2012 Museo de Oro 1212.JPG|miniatura|280x280px|Algúns ornamentos dun [[Gobernantes muiscas|gobernante muisca]] en el [[Museo do Ouro de Bogotá]].]]
 
# '''Zipa''' ou '''Zaque''': Gobernante absoluto do [[Zipa|Zipazgo]] ou do [[Zaque|Zacazgo]].
# '''Psihipqua''': Príncipe de sangue (herdeiro do trono).
# '''Uzaque''': Nobre de sangue pura con poder feudatario e poder militar.
# '''Zibyntyba''': Capitán maior, gobernante dunha parcialidade territorial intermedia coñecida como Zybyn.
# '''Tybarague''': Capitán menor, gobernante dunha parcialidade territorial menor coñecida como Uta.
# '''Chyquy''': Sacerdote muisca.
# '''Pabahue''': Amo e señor.
# '''Uaia''': Ama e señora.
# '''Paba''': Literalmente: "pai", pero tamén designaba a alguén con autoridade sobre outras persoas.
# '''Hue''': Señor, ou xefe.
# '''Güecha''': Guerreiro.
# '''Cupqua''': Vasalo.
# '''Ubata''': Servo comisionado para algunha misión especial.
# '''Tyuquyne''': Mensaxeiro.
# '''Chuta:''' Criado.
# '''Bospquaoa''': Criado do servizo doméstico.
 
== Notas ==
200.138

edicións