Confederación muisca: Diferenzas entre revisións

Confederación indíxena fundada en 1450 e desaparecida en 1537
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "A ''' Confederación muisca''' foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós muiscas no territorio central da actual Colombia|República..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2016 ás 09:04

A Confederación muisca foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós muiscas no territorio central da actual República de Colombia antes da invasión española. As catro unidades político-territoriais confederadas foron: o Zipazgo de Bacatá, o Zacazgo de Hunza, o territorio sagrado de Iraca e o territorio sagrado de Tundama, ademais dun grupo de territorios autónomos.

A Confederación xurdiu cara o 1450 e subsistiu até aproximadamente o 1541, ó consolidarse a conquista española das nacións chibchas no territorio central colombiano. Abranguía dende o río Chicamocha, polo norte, até o páramo de Sumapaz, polo sur, e dende Vélez, Facatativá e Zipacón, polo oeste, até a Cordilleira Oriental, veciña coas chairas de Meta e o Casanare, polo leste.[1]

Notas

  1. Uricoechea, Ezequiel. Gramática de la lengua muisca. Introducción. París, 1871.