Romelu Lukaku: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
despois
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 33:
O seu debut na [[Primeira División de Bélxica]] sería ante o [[Standard de Liège]] o [[24 de maio]] de [[2009]] cando só tiña nese entón 16 anos e 11 días de idade, entrando de cambio ao minuto 65 por Víctor Bernárdez. Con todo, o Standard levaríase a vitoria por 1-0, proclamándose campión de Liga. Para a tempada [[2009]]-[[2010|10]], Lukaku foi ascendido a tempo parcial ao primeiro equipo, e non a tempo completo debido ás súas obrigas escolares. Aproveitando as lesións de Tom De Sutter e Nicolás Frutos, Lukaku puido establecerse rapidamente no primeiro equipo, anotando o seu primeiro gol como profesional o [[22 de agosto]] de [[2009]] na vitoria por 2-0 sobre o [[SV Zulte Waregem|Zulte Waregem]]. Tamén se converteu no xogador máis novo en disputar un encontro de [[Liga de Campións da UEFA 2009-10|Liga de Campións]], cando se enfrontou ao [[Olympique Lyonnais]] na rolda previa de clasificación.<ref>{{cita web|url=http://www.flanderstoday.eu/current-affairs/scramble-romelu-lukaku|título=The scramble for Romelu Lukaku|data=18 de setembro de 2009|dataacceso=2 de xullo de 2014|lingua=inglés}}</ref> O seu debut na recentemente creada [[UEFA Europa League 2009-10|UEFA Europa League]] foi o [[17 de setembro]] de [[2009]] ante o [[GNK Dinamo Zagreb|Dinamo Zagreb]]. Lukaku entrou de cambio ao minuto 85 e tres minutos despois asistiu a Jonathan Legear para anotar o segundo gol do Anderlecht na vitoria por 2-0. Semanas despois, Lukaku anotou o seu segundo gol da liga na vitoria por 1-0 sobre o [[KFC Germinal Beerschot|Germinal Beerschot]]. Despois, o [[17 de decembro]] de [[2009]], Lukaku anotou o seu primeiro dobrete na Europa League, cando o Anderlecht derrotou por 3-1 ao [[Ajax Ámsterdan]] no [[Amsterdam Arena]]. Tres días despois, Lukaku foi elixido como a ''Promesa do Ano'' no deporte belga.
 
O [[29 de xaneiro]] de [[2010]], Lukaku anotou un dobrete ante o Germinal Beerschot, onde o seu equipo necesitaba gañar por un marcador de 5-0 para situarse no primeiro lugar da liga, cousa que finalmente ocorreu. Converteuse así no mellor dianteiro da liga e continuou marcando goles desde ese entón. O [[25 de febreiro]] de [[2010]], Lukaku anotou un gol aos 4 minutos na vitoria por 4-0 sobre o [[Athletic Club]] nos dezaseisavos de final da Europa League. Despois, cando se enfrontaron en oitavos de final ao [[Hamburgo S.V.|Hamburgo]] [[Alemaña|alemán]], contribuíu cunha anotación nunha dificildifícil vitoria por 4-3, aínda que non lograron clasificarse á seguinte rolda. Lukaku finalizou a tempada de liga con 15 goles anotados, logrando obter a ''Bota de Ouro'' con tan só 16 anos de idade.
 
A comezos da tempada [[2010]]-[[2011|11]], Lukaku sufriu unha lesión e, aínda que non estaba na mellor forma, puido disputar a fase previa da [[Liga de Campións da UEFA 2010-11|Liga de Campións]] ante o [[FK Partizan Belgrado|Partizan Belgrado]], anotando un gol no empate a 2-2 no partido de volta, aínda que o Anderlecht sería eliminado na [[penalti|rolda de penaltis]]. Lukaku non tivo un bo comezo na liga, xa que durou cinco datas sen anotar un só gol. Con todo, na sexta data, anotou un dobrete na vitoria por 2-0 ante o [[Sint-Truidense]] o [[10 de setembro]] de [[2010]]. Unha semana despois, Lukaku volvería anotar, agora na vitoria por 3-0 ante o [[KV Kortrijk]]. Tamén anotou na vitoria por 3-0 sobre o [[AEK Atenas Fútbol Club|AEK Atenas]] na [[UEFA Europa League 2010-11|UEFA Europa League]] o [[21 de outubro]] de [[2010]] e na vitoria por 2-0 sobre o [[KVC Westerlo]] na liga tres días despois. Máis tarde, Lukaku entrou nun serie goleadora anotando no tres seguintes encontros ante o [[KRC Genk]], o [[Club Bruxas|Club Brugge]] e o [[KAA Gent]], antes de ser expulsado no seguinte partido ante o Germinal Beerschot. Cumprida a súa suspensión, Lukaku regresou á súa serie goleadora, anotando 3 goles en 4 partidos. Lukaku finalizou a tempada con 16 goles anotados, quedando no cuarto lugar da táboa de goleadores, aínda que sería premiado coa Bota de Ébano en [[2011]].