Teatro do absurdo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: clean up, removed: {{Literatura en progreso}} using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1:
Denomínase '''teatro do absurdo''' a unha corrente dramática aparecida a mediados do [[século XX]] influenciada polo [[existencialismo]] e que tivo como representantes máis coñecidos a [[Ionesco]], [[Adamov]], [[Samuel Beckett]] e [[Genet]].
 
O nome débeselle ao crítico [[Martin Esslin]], quen o utilizou nun ensaio en [[1961]] para descreberdescribir obras como ''A cantante calva'' (Ionesco, [[1950]]), ''A pequena manobra'' (Adamov, [[1950]]) e ''A esperar por Godot'' (Beckett, [[1952]]), representadas en [[París]] a inicios da década de 1950. Outros autores incluídos nesta corrente son [[Boris Vian]], [[Jean Tardieu]], [[Harold Pinter]], [[Dino Buzzati]], [[Edward Albee]] e [[Fernando Arrabal]].
 
Pódense achar precedentes no [[mimo]] romano, na ''[[commedia dell'arte]]'', nas obras de [[Alfred Jarry]], [[Strindberg]] e [[Bertold Brecht]], e influencias no [[dadaísmo]] e no [[surrealismo]]. Mais, sen dúbida, o teatro do absurdo nace co existencialismo e coa súa visión da humanidade en relación co seu contorno: a existencia humana é absurda. As ideas formáronse a partir das "filosofías da existencia", en particular, de [[Heidegger]], [[Sartre]], [[Karl Jaspers|Jaspers]], [[Albert Camus|Camus]] e [[Gabriel Marcel]].
 
Na actitude de antiteatro, encontramos as súas bases de provocación que renegan das leis e normas: toda convención dramática está esquecida. Así, non achamos historia dramática coherente, nennin espazo e tempo verificábeis; as figuras son imprevisíbeis nas súas estruturas lingüísticas e de conduta, Semella un pesadelo vertixinoso e unha protesta enerxicamente calculada. A temática xira arredor do absurdo, da falta de sentido: engano, tedio, inutilidade, fatalidade, conformismo, visíbeis na convivencia cotiá.
 
Os textos non pretender transmitir informacións, nennin expor teses ou debater ideoloxías, senón traducir a imaxes poéticas o abismo interior. A linguaxe é moi diferente: Ionesco e Tardieu rachan coa súa lóxica referencial, mentres que Vian e Adamov recorren á violencia e Beckett recorre á densidade literaria.
 
[[Categoría:Teatro]]