Literatura copta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 2:
 
== Características ==
A literatura copta desenvolveuse a partir do [[século II]] coa expansión do cristianismo nun [[Exipto]] cuxa cultura tradicional estaba a esmorecer. Ten trazos comúns, polo tanto, coas literaturas [[literatura siríaca|siríaca]], [[literatura etíope|etíope]], [[literatura armenia|armenia]] e [[literatura xeorxiana|xeorxiana]], xa que todas naceron pola necesidade de traducir tanto a [[Biblia]] como a [[liturxia cristiá]], que na alturadaquela só eran accesíbeis en [[lingua grega|grego]].
 
O desenvolvemento desta literatura influíu de xeito decisivo na separación da igrexa exipcia ([[monofisismo|monofisita]]) da de [[Bizancio]] ([[Igrexa ortodoxa|ortodoxa]]), contribuíndo á reacción nacionalista-relixiosa ao dominio político, relixioso e lingüístico do [[Imperio Romano de Oriente]]. Nas súas orixes atópanse versións de obras cristiás gregas e, conen efecto, moitas destas coñécensese coñecen hoxe grazas exclusivamente ás súas traducións ao copto. A literatura copta coñécese aínda mal, debido á pillaxe sufrida polos [[mosteiro]]s e bibliotecas, e á grande cantidade de material aínda inédito. O que resta son fundamentalmente textos cristiáns, aínda que fican bastantes [[gnosticismo|gnósticos]] e [[maniqueísmo|maniqueos]].
 
O primeiro traballo acometido foi a tradución da Biblia, da que non se conservan versións completas, senón só reconstrucións dalgúns libros e un [[Novo Testamento]]. A literatura copta propiamente comeza cos "[[apócrifo]]s", numerosas adaptacións libres do grego ou textos orixinais, escritos en ton lúdico e esaxerado. A maioría son relatos dos [[Feitos dos Apóstolos]] ou [[Evanxeo]]s novos, cheos de milagres e acontecementos prodixiosos. Hai tamén ununha ''Apocalipse'' imaxinativoimaxinativa (non se pretendía transmitir un dogma exacto), que abunda nas atrocidades infernais e nas delicias paradisíacas. Redactáronse moitas vidas de [[santo]]s e "[[apotegma]]s", episodios moralizantes breves que ilustran unha máxima producida por un santo. Estes textos apócrifos resultan estereotipados e inxenuos.
 
Descoñécese o nome da maior parte dos escritores coptos. Os de maior relevancia foron [[Pancomio]] ([[292]]-[[346]]), fundador dos mosteiros do [[Alto Exipto]], e [[Scenutes]] (-[[451]] aprox.).