Wicca: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Relixión mediante HotCat |
|||
Liña 1:
{{Wicca}}
A '''Wicca''' é unha relixión neopagá influenciada por crenzas precristiás e prácticas de Europa
A Wicca é unha relixión [[Politeísmo|politeista]], de culto basicamente dualista, que cre tradicionalmente na Mai Tripla e no Deus con Cornos. Estas dúas deidades vense moitas veces como as caras dunha divindade panteísta maior, ou que se manifestan como varias divindades politeístas. A Wicca inclúe a práctica ritual da maxia, en parte influenciada pola maxia ceremonial, moitas veces en conxunto cun código moral coñecido como a "Wiccan Rede", ainda que non é unha regra.
Existen varias tradicións dentro da Wicca. Algunhas, como a Wicca Gadneriana e a Alexandrina, seguen a liñaxe iniciática de Gadner ou Alex Sanders. A ambas denomínaselles Wicca Tradicional Británica, e moitos dos seus practicantes consideran que o termo "wicca" só se lles pode aplicar a eles. Outras, como a Faery Wicca ou as Tradicións diánicas, teñen outras figuras como principais influencias e non se centran tanto na liñaxe da tradición. Algunhas destas tradicións neopagás non usan o termo "Wicca" para referirse a eles mesmos, preferindo "Bruxería", mentres que outros cren que todas estas tradicións poden considerarse wiccanas.
== Orixe ==
|