Civilización minoica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Arranxos varios, replaced: ocidente → occidente using AWB
Liña 14:
En volta do ano 2000 a.C., xurdiu unha civilización urbana na que destaca o nacemento dunha arquitectura palacial, non ben coñecida na primeira etapa (polas destrucións e reconstrucións de 1000 anos). No plano arquitectónico coñécense o [[Minoico medio]] e o [[Minoico final|final]]. Consta, porén, a existencia de aglomeracións de poboación que deixaron de ser aldeas e conformáronse en comunidades con especialización artesá: deuse o paso a unha cultura complexa organizada a partir dunha serie de palacios, centros políticos das diversas rexións e onde, como hipótese, existía unha monarquía, moi vinculada á relixión, dado que os palacios incorporan zonas de culto. O palacio inclúe unha parte importante de dependencias de tipo económico vinculados á administración (almacéns ou depósitos). Monopolizaba o controlo da produción económica, nun modelo afín ao Próximo Oriente aínda que non na arquitectura.
[[Ficheiro:Akrotiri_dolphins.jpg|miniatura|esquerda|250px|[[Fresco]] dos [[golfiño]]s no palacio de [[Akrotiris]].]]
Os palacios, presumibelmente, son expresión de fragmentación política e, por tanto, de división territorial dos dominios que lles podían corresponder. O fenómeno da cultura palacial minoica nas orixes non xurdiu coa mesma forza en toda a illa. Sendo esta de tamaño grande (250km250 km de longo e entre 15 e 60 de ancho), os palacios concéntranse no centro e no oriente. A occidente, os ritmos de desenvolvemento son menores e só patentes na fase final. No [[Segundo Milenio]] había bosques frondosos, especialmente no centro e occidente, con [[hábitat disperso]]. Os palacios máis importantes eran os de [[Eda]], [[Cnossos]], [[Festos]] (centro), [[Leuka]] (ocidenteoccidente), [[Malia]] e [[Zakro]] (oriente).
 
Cnossos foi o primeiro a ser escavado sistematicamente ([[Arthur Evans]]) e forneceu a cronoloxía desde o Neolítico. Era o principal e os outros terían unha dimensión menor. A tendencia foi a que a diferenza se agrandase até que nas últimas fases Cnossos tería sido o único centro e os outros serían subsidiarios del. Esta teoría apóiase en referencias do [[Imperio Novo]] exipcio, nas que se fala do "rei de Keftiu" (século –XVI].