Garganta de Olduvai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios, replaced: excavación → escavación using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Olduvai Gorge.jpg|miniatura|dereita|Garganta de Olduvai no norte de Tanzania, febreiro de 2006.]]
A '''garganta de Olduvai''' é unha [[barranca]] de 45 &nbsp;km de longo, parte do [[Gran Val do Rift]], localízase ao leste da chaira do [[Serengeti]], no norte de [[Tanzania]]. O nome provén de '''Oldupai''', o nome masai da ''Sansevieria ehrenbergiana''.<br />
É un dos xacementos [[paleoantropoloxía|paleoantropolóxicos]] máis importantes do mundo e é fundamental no coñecemento dos primeiros homínidos. [[Louis Leakey]] e [[Mary Leakey]] foron os primeiros en realizaren excavaciónsescavacións paleoantropolóxicas, na década de 1950, labor que continuou a súa familia e moitos outros investigadores. Hai millóns de anos o lugar era un gran lago, e as súas ribeiras estaban formadas por sucesivos depósitos de cinsa volcánica. Hai 500.000 anos a actividade sísmica desviou unha corrente próxima, que asulagou o lago con sedimentos, hoxe aprécianse sete capas nas paredes da garganta.
A estratigrafía é extremadamente fonda e as capas de cinsas e pedras volcánicas permiten a datación radiométrica dos achados. Os fósiles máis antigos atopados datan de hai 2,5 millóns de anos.<br />
O depósito arqueolóxico máis antigo, coñecido como capa I, evidencia a existencia de acampamentos con presenza de industria lítica. Os ósos desta capa amosan un homínido primitivo coñecido como ''[[Australopithecus]]'' e os primeiros exemplares coñecidos de ''[[Homo habilis]]''. Na capa II aparece a industria lítica propia do complexo abbevillense, na que predominan os machados de man bifaciais feitos polo ''[[Homo erectus]]'' datados en hai 1,5 millóns de anos. Na capa III e IV predominan as ferramentas achelenses e ósos fósiles con características do [[Home de Neanderthal]] datado en 600.000 anos. As capas superiores conteñen ferramentas feitas por humanos modernos.<br />
 
== Curiosidades ==