León I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{PapS-V}}
 
Morto en 461. Procedía da rexión italiana da [[Toscana]]. Sendo diácono foi designado polo emperador [[Valentiniano III]] para difíciles tarefas de mediación nas [[Galias]]. Foi elixido Papa no ano 440, nun momento en que a cristiandade estaba dividida en materia de fe e o [[Imperio Romano]] nunha crise sen retorno.
 
== Labor doutrinal ==
Combateu pastoral e argumentalmente contra o [[maniqueísmo]] que atribuía a creación (a materia e o corpo) a unha deidade malvada; contra o [[pelaxianismo]] que entendía que a salvación non se acadaba polo amor gratuíto de Deus senón polas boas obras do home, contra o [[priscilianismo]] na súa vertente [[gnosticismo|gnóstica]] que chegaba a cuestionar a [[encarnación]] do Fillo de Deus no home [[Xesús de Nazaret]] e contra o [[nestorianismo]] que afirmaba unha dualidade en [[Cristo]].
 
A súa intensa actividade (coñécenselle 432 cartas e 96 sermones) permitiu asentar a doutrina que hoxe a maior parte da cristiandade considera como auténtica: o Deus do Evanxeo é o único Deus Creador; a redención acádase polo amor de Deus manifestado en [[Xesucristo]] que é verdadeiro [[Deus]] e verdadeiro [[Home]] nunha soa persoa.
Liña 17:
León posuía unha enorme autoridade moral que radicaba na súa sinxeleza de vida, a súa piedade, e o seu sentido da equidade. O seu valor foi recoñecido cando saiu ao encontro de [[Atila]] en [[Mantua]] conseguindo evitar a destrución de [[Roma]] por parte dos [[hunos]] (ano [[452]]).
 
Cando os [[vándalos]] de [[Xenserico]] saquearon Roma no ano [[456]], tamén obtivo deles clemencia para os aterrorizados cidadáns, evitando a queima da cidade e o masacre. Isto fixo que fose venerado polo conxunto do pobo e que morrera en loor de santidade.
 
Foi soterrado na basílica de San Pedro de [[Constantino I o Grande|Constantino]]. No ano 688, as súas cinsas foron trasladadas a unha igrexa a el consagrada.
Liña 23:
Foi o primeiro bispo de Roma a quen se lle denominou Magno, e tamén o primeiro en exercer de xeito patente e eficaz unha autoridade doutrinal sobre toda a Igrexa. O [[Concilio de Calcedonia]] veu recoller a súa postura sobre a dobre natureza de [[Cristo]] corrixindo, para as Igrexas [[monofisitas]], ou completando para a [[Igrexa Ortodoxa]] e a [[Igrexa Católica]] a fe de [[Concilio de Éfeso]]. Segundo a tradición, no Concilio leuse o seu ''tomo'' e a maioría entendeu que ''Pedro falara pola boca de León'´.
 
En 1754, o Papa [[Bieito XIV, papa|Bieito XIV]] proclamouno [[doutor da Igrexa]].
 
A festa de San León Magno celébrase o 10 de novembro.
 
 
 
 
{{commons|Category:Leo I Magnus|etichetta=Papa Leone I}}