Lei orgánica de educación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
o artigo fala dunha lei de 2006, a imaxe é de 1895
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
 
 
A '''Lei Orgánica de Educación''' é a actual lei orgánica estatal que regula o [[ensino]] non universitario en [[España]]. Foi promovida polo goberno do [[PSOE]] e aprobada o [[3 de maio]] de [[2006]] (publicada no [[BOE]] do [[4 de maio]]) no [[Congreso dos Deputados de España]] co voto a favor de [[PSOE]], [[CiU]], [[Esquerra Republicana de Catalunya|ERC]], [[PNV]], [[ICV]], [[CC]] e [[Eusko Alkartasuna|EA]], co voto en contra do [[PP]], e coa abstención de [[Esquerda Unida|IU]], [[BNG]], [[Chunta Aragonesista|ChA]] e [[Nafarroa Bai|NB]].
 
Liña 6 ⟶ 4:
No seu preámbulo establece que ten como obxectivo adecuar a regulación legal da [[educación]] non universitaria ([[educación infantil]], [[educación primaria|primaria]], [[educación secundaria obrigatoria|secundaria]], [[bacharelato]], [[formación profesional]], de idiomas, artísticas, deportivas, e de persoas adultas) baixo os principios de calidade da educación para todo o [[alumnado]], a equidade que garanta a [[igualdade de oportunidades]], a transmisión e efectividade de valores que favorezan a [[liberdade]], [[responsabilidade]], [[tolerancia]], igualdade, respecto e xustiza.
 
Está baseada na [[aprendizaxe por competencias]], e inclúe as oito [[competencias básicas]] estipuladas no informe Chirac. Considérase que a educación debe contribuír ao desenvolvemento das habilitades persoais que permiten ao alumnado integrarse con éxito na vida adulta. Baséanse nun ensino interdisciplinar, práctico e significativo máis que na acumulación de [[coñecemento]]s.
 
Derogou as anteriores leis vixentes, a ''[[Lei Xeral de Educación de 1970]]'' e a ''[[Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo]]'' (1990). Á súa vez, foi modificada pola ''[[Lei Organica para a Mellora da Calidade Educativa]]'' de 2013.