Diferenzas entre revisións de «Equidade»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
A '''equidade''', é unha figura [[dereito|xurídica]] de enorme importancia na resolución de [[conflito|conflitos]]s para os que non existe [[lei]] aplicable.
 
O termo ''equidade'' vén do latín ''aequitas'', de ''aequus'', igual. Teñen unha connotación de [[Xustiza]] e [[igualdade social]] con responsabilidade e valoración da individualidade, chegando a un equilibrio entre as dúas cousas, a equidade é o xusto en plenitude.
 
Ás veces a propia lei permite que o [[xuíz]] utilice a equidade na solución que adopte. Neste sentido a equidade xoga un importante papel para diminuír ou matizar o rigor da [[norma xurídica]] aplicable.
 
==Aplicación do principio de equidade==
Unha das principais funcións do principio de equidade é o de servir para atemperar o principio de [[igualdade]] (todos son iguais ante a lei).
 
Un exemplo gráfico axuda a comprender cómo se articula a formulación xeral deste principio. Se o dereito de igualdade obriga a considerar, por exemplo, que homes e mulleres son iguais ante a lei, equiparalos en todas as situacións sería o correcto, mais moitas veces non sería o '''xusto'''. Non sería xusto, por exemplo, que homes e mulleres competiran nunha mesma carreira deportiva. Homes e mulleres teñen dereito a participar, pero o fan en carreiras distintas. Do mesmo xeito, desde a óptica da igualdade, sería correcto que todos pagasen os mesmos impostos, pero non sería xusto nun [[Estado social]] que pobres e ricos pagasen exactamente o mesmo. A equidade permite que paguen máis os que máis gañan.
 
Deste modo, o principio de igualdade, sancionado por todas as [[constitución|constitucións]]s modernas, non é tan sagrado como cabe supoñer. O principio de equidade é tanto ou máis importante, pois como dicimos, atempera o principio de igualdade, e do artellamento de ambos os dous principios haberá que ''tratar igual aos iguais e desigual aos desiguais''. A cuestión, moito máis delicada, será determinar en qué consiste a desigualdade, cuantitativa ou cualitativamente, e achar a solución equitativa correspondente. En efecto, é tan inxusto a non aplicación da equidade como a súa aplicación por exceso. Moitas veces pode apreciarse tanto situacións inxustas por esquecerse este principio, ou, ao contrario, producirse unha sobreprotección a determinadas situacións.
 
A equidade é o que xustifica e fundamenta as fórmulas de [[discriminación positiva]], hoxe en día moi importantes desde a perspectiva das políticas de [[Xénero sexual|xénero]].
* [[Principios xerais do dereito]]
 
[[Categoría: Dereito procesual]]
393.002

edicións