Abd al-Rahman I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 7:
Era coñecido como o ''emigrante'', tivo que fuxir de Damasco cando os [[abásida]]s derrotaron aos omeias e procurou refuxio en [[Palestina]] e [[Siria]]. A través de [[Exipto]] chegou ao norte de [[África]] e despois de catro anos refuxiouse entre a tribo bérber dos Nazca ([[Mauritania]]) da cal proviña a súa nai. De aí pasa á [[Península Ibérica]], onde contaba cun certo número de partidarios e se sentía máis a salvo da persecución dos axentes ao servizo dos abásidas, que pretendían acabar con todos os membros da dinastía omeia.
 
Desembarcou no porto de [[Almuñécar]] o [[14 de agosto]] do [[755]], contando co apoio das tribos iemenís e sirias de al-Andalus. En marzo do [[756]] entrou en [[Sevilla]] e o [[15 de maio]] derrotou ao [[emir]] [[Yusuf al-Fihri]], entrou en Córdoba e foi proclamado emir.
 
Durante o seu reinado dedicouse a establecer un estado centralizado. Tivo que facer fronte a sublevacións e revoltas incluída a de algúns membros da súa familia. Protexeu os artistas e poetas, e foi ele mesmo autor de poesías. Recibiu o alcume de ''O Xusto''.
 
Tamén, baixo o seu reinado, iníciase a construción no ano [[785]] da [[Mesquita de Córdoba]] sobre o emprazamento da Basílica visigoda de San Vicenzo Mártir, que foi construída no [[século VI]]. No mesmo solar iníciase a edificación do oratorio ou ''haram'' no ano [[786]].
 
Morreu após trinta e dous anos de reinado, deixando o trono ao seu fillo Hicham, en detrimento de Solimán e de Abd-Alláh, seus irmáns mais vellos.