393.002
edicións
m (→O Baal fenicio: Arranxos varios using AWB) |
|||
Baal non conservou o seu lugar preeminente nas cidades -estados da Fenicia, aínda que figuraba nos seus panteóns e recibíu culto. Figuraba entre a lista de divindades de Tiro, pero o lugar principal estaba ocupado por [[Melqart]]. Porén este era coñecido en [[Cartago]] como Baal Melqart. Porén, o [[Baal Hammón]] de Cartago era unha divindade diferente, aínda que conservase algún trazo do Baal fenicio.
En [[Biblos]], a deusa principal é [[Baalat]], "a señora", a quen se lle asocia un Baal masculino, mais é evidente que ten un papel secundario. En [[Berytus]] (actual [[Beirut]]), un deus [[Baalmarcodes]] era posibelmente unha forma local do gran deus. No [[Val do Líbano]], a cidade de [[Baalbek]], recibía un nome epónimo, pero aquí exercía funcións de deus solar e asimilábase a deus helénico [[Helios]].
Aparece tamén na [[Biblia]], pois cítase como un dos pecados máis frecuestes, dar as costas a [[Iahvé]] para adorar a Baal ou os ''baais'' (''baalim'').
|