Dióxenes Laercio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 11:
A parte máis importante da súa obra é o libro X, que está dedicado a [[Epicuro]]. Alén da exposición da súa filosofía, o libro aínda presenta tres cartas deste filósofo. Debido ao grao de detalle con que Dióxenes expón a filosofía de Epicuro, moitos cren que el era adepto das doutrinas epicúreas. Tal feito, con todo, non é recoñecido oficialmente no mundo académico, unha vez que el expresa admiración por moitos filósofos e non menciona as súas preferencias persoais de maneira explícita.
 
Dióxenes divide os filósofos gregos en dúas escolas, a [[escola xónica]] e [[escola italiana]]. El considera que a escola xónica provén de [[Anaximandro de Mileto]], e a escola italiana de [[Pitágoras]].
 
Despois de [[Sócrates]], divide os filósofos xónicos en tres ramos:
 
* [[Platón]] e os Académicos, finalizando en [[Clitomaco]].
* Os [[Cinismo|cínicos]], finalizando en [[Crisipo]].
* [[Aristóteles]] e [[Teofrasto]].
 
A serie de filósofos italianos despois de Pitágoras consiste nos seguintes filósofos:
 
[[Telanxes]], [[Xenofonte]], [[Parménides de Elea]], [[Zenón de Elea]], [[Leucipo de Mileto]], [[Demócrito de Abdera]], e outros até [[Epicuro de Samos]].
 
Os seus primeiros sete libros son dedicados aos filósofos da escola xónica; os últimos tres libros aos filósofos da escola italiana.