Benestar social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: duhna → dunha using AWB
Liña 4:
A medida do benestar económico foi obxecto de intenso debate debido á dificultade de definir que debe entenderse por benestar. Convencionalmente optouse por tomar, como medida do benestar, a cantidade de bens materiais e servizos útiles producidos por un país, dividido entre o número dos seus habitantes (o que se coñece co nome de [[Produto Interno Bruto|PIB]] ''per cápita'') ou algunha medida directamente relacionada con esta. Aínda así, existen outras medidas alternativas que se discuten máis adiante.
 
Para rendas nacionais baixas a [[Renda per cápita|Renda per cápita]] é moito mellor indicador do benestar social. Unha das razóns é que a [[esperanza de vida]] está positivamente correlacionada co PIB per cápita cando este se situa entre 0 e $4000 dólares, pero a partir de $10000 dólares apenas existe [[correlación]] entre ambos, por exemplo. Outros factores que contribúen ó nivel de vida material dunha poboación son:
 
*O [[desemprego]], en particular o desemprego ou subemprego crónico está asociado á marxinalidade, a pobreza e certo tipo de disfuncións sociais.
Liña 22:
===Índice de Desenvolvemento Humano (IDH)===
O IDH é un índice estatístico que intenta medir o benestar social a partir de tres elementos:
*a [[esperanza de vida]] ó nacer (como medida duhnadunha ''vida longa e saudable'').
*a [[taxa de alfabetización de adultos]] e a taxa bruta combinada de matriculación en educación primaria, secundaria e terciaria (como medida do nivel educativo dun país).
*o [[PIB per cápita]] (como medida dun ''nivel de vida digno'').
Liña 46:
 
* Os gastos para contrarrestar os efectos negativos do crecemento sobre o medio ambiente, como a [[contaminación]] (isto chámase gasto defensivo).
 
* Aspectos económicos 'negativos', coma o coste de desprazamento.
 
* Avaliación do rendemento non comercializado, coma o traballo no fogar (se un particular contrata a un empregado do fogar en lugar de limpar a casa por si mesmo, este rendemento contabílizase no PIB, pero probablemente o benestar non aumentaría).
 
* É posible que parte dos bos rendementos non queden reflectidos no PIB, por exemplo o dos pais que coidan dos seus bebés, o [[bricolaxe]] e o traballo en réxime de voluntariado.
 
* Desigualdade (a distribución desigual da renda; segundo a teoría da [[utilidade marxinal]], os ingresos extra teñen menor utilidade para quen xa dispón duns ingresos altos que para aqueles que teñen ingresos baixos, de xeito que un aumento no PIB pode aumentar a utilidade en diferentes medidas segundo o lugar do individuo na cadea de distribución da riqueza).
 
Liña 70 ⟶ 66:
*[[Xeografía do benestar]]
*[[Xeografía da percepción]]
 
 
[[Categoría:Socioloxía]]