The Afghan Whigs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios, replaced: dificuldade → dificultade using AWB
Liña 17:
 
== Traxectoria ==
A lenda di que The Afghan Whigs naceu nunha celda en Athens, Ohio. Nunha festa de Halloween en Cincinnati, Greg Dulli ten a idea de roubarlle a un policía e remata na comisaría. Na celda, el coñeceu a Rick McCollum. Da conversa que os dous manteñen surxíu a idea de formar unha banda, The Afghan Whigs, que só se concretou un ano máis tarde, con Steve Earle na batería e John Curley no baixo (Dulli era o vocalista e guitarrista mentres McCollum tamén tocaba a guitarra).
 
Pisaron un escenario por primeira vez pouco tempo despois e tocaron versións de [[Neil Young]] ("Like a Hurricane") e dos [[Rolling Stones]] ("Cocksucker Blues"), e lanzaron un disco, cuxo título era unha referencia á noite da creación da banda, ''Big Top Halloween'' en [[1988]]. O nome do grupo tamén ten unha certa lenda, pois parece ser que ao chegar o seu primeiro concerto aínda non tiñan nome, e pouco antes de saír a escena, o dono do local preguntoulles como os anunciaba. O guitarrista, que acabara de chegar e ó parecer levaba encima un "tripi", dixo simplemente The Afghan Whigs, e os demais asintiron, sen saber que significado podía ter aquela palabrexa.
Liña 33:
Despois dunha extensa xira, a banda tomouse un descanso para só retornar en [[1996]] cun disco novo. Nese medio tempo, [[Greg Dulli]] aproveitou para participar como vocalista na Backbeat Band, formada especialmente para facer a banda sonora da película sobre [[The Beatles "Backbeat". Na Backbeat Band, tocaron ao lado de Dulli [[Dave Grohl]] de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], [[Thurston Moore]] de [[Sonic Youth]], Dave Pirner de Soul Asylum e Mike Mills de [[R.E.M.]]
 
''Black Love'', o novo disco de The Afghan Whigs lanzado en [[1996]] deixou un pouco de lado as guitarras pesadas para concentrarse nas influencias da black music dos anos 70, da era da Motown e afíns, pero mantendo a identidade da banda en cancións escuras e sombrías.
 
O disco tivo boa recepción da crítica, pero confundíu aos fans de rock alternativo e acabou vendendo menos que o seu antecesor. Despois dunha mudanza de discográfica, o disco ''1965'' foi lanzado dous anos despois, en [[1998]], pola Columbia Records.
 
O novo disco seguía a mesma liña do álbum anterior, desta vez cunha sonoridade mais "retro", como o propio nome podería suxerir. Despois da xira de divulgación do disco, [[Greg Dulli]] formou un proxecto paralelo, [[The Twilight Singers]], con músicos convidados da cidade de [[New Orleáns]], a meca do [[jazz]] e da música negra. The Twilight Singers lanzou o seu álbum de estrea en [[2000]]. Nesa época, todos os integrantes de The Afghan Whigs vivían en diferentes cidades e as dificuldadesdificultades en manter a banda unida foi o motivo do seu final, anunciado en febreiro de [[2001]].
 
O [[7 de decembro]] de [[2011]], nunha nota de prensa dos promotores de [[All Tomorrow's Parties]], anunciouse que The Afghan Whigs reuniríase e tocaría nos seus eventos I'll Be Your Mirror, o día [[27 de maio]] do [[2012]] en [[Londres]], ao que seguiría unha aparición no Asbury Park de [[New Jersey]] o [[22 de setembro]].