Diferenzas entre revisións de «Satanás»

corrixo
(corrixo)
 
== Condición de existencia ==
Despois de varias comparacións no que se refire ás traducións sobre a orixe das palabras Satanás e [[Diabo]], actualmente é consensual entre relixiosos o seu significado: 'acusador' ou 'calumniador' para Diabo; e 'opositor' ou 'adversario' para Satanás. Inda hai diverxencias sobre a súa literal existencia; algúns sinxelamente ignórana, outros fan demonstraciónsdemostracións lóxicas da súa existencia dentro dos parámetros bíblicos, partindo do feito de que a [[Biblia]] o menciona coma un ser espiritual, un "anxo de luz" que se tornou un rebelde ao oporse ao [[Deus Pai|Creador]]. A [[Apocalipse]] 12:07 presenta a Satanás coma un líder dunha rebelión; no versículo seguinte, denótase a necesidade de que haxa represalias para que tal rebelde sexa expulsado do seu lugar de orixe; no versículo 9, é evidenciado que o rebelde xunto cos seus compañeiros son vencidos e lanzados para oao noso planeta. Na Apocalipse 12:12, é mostrada a alegría do ceo (plano espiritual onde vivía Satanás), e a tristura para seres humanos influenciados por el na Terra (onde actúa intensamente Satanás).
 
=== Satanismo espiritual ===
No satanismo espiritual, Satán non é visto coma un ser maligno e mentiroso de ollos vermellos flamexantes ou con cornos. El é o deus sumerio, coñecido como [[Enki]], cuxo significado é 'Señor da Terra'.
 
== Interpretacións ==
A maioría dos [[Cristianismo|cristiáns]] consideran que todas as ocorrencias de Satanás na Biblia son literais.
 
Moitos [[Xudaísmo|xudeus]] e algúns cristiáns consideran que Satanás é unha alegoría. Os estudosos identifican a Satanás en [[Libro de Zacarías|Zacarías]], cos acontecementos políticos no tempo de [[Nehemías]]. Os [[Autenticismo|autenticistas]]<ref>Autenticismo na Web - [http://blog.autenticismo.com/2013/05/anjos-e-demonios.html Estudo analítico sobre Anjos e Demônios]</ref> e [[christadelphians]]<ref>Whittaker ''Studies in the Gospels''http://christadelphianbooks.org/haw/sitg/index.html</ref><ref>Watkins ''The devil the great deceiver''</ref> entenden que o propio [[Cristo]] tería contado as súas tentacións, en forma de parábola.
 
Ao longo das obras ''[[Glosario Teosófico]]'' e ''[[A Doutrina Secreta]]'' de [[Helena Blavatsky]] ofrécense diversas interpretacións sobre a figura de Satanás.
53.498

edicións