Tokelau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 35:
'''Tokelau'''<ref>{{Cita libro|título=Criterios para o uso da lingua|autor=Sanmartín Rei, Goretti et al|ano=2012|editorial=Servizo de Normalización Lingüística, [[Universidade da Coruña]]|páxina=126|isbn=978-84-9749-504-2|edición=3ª|url=http://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf}}</ref> é un pequeno territorio da [[Polinesia]], baixo administración da [[Nova Zelandia]], que corresponde ás illas do mesmo nome, tamén coñecidas como [[Illas da Unión]]. Os veciños máis próximos son [[Kiribati]] ao norte, as [[Illas Cook]], a leste, [[Samoa]] e a [[Samoa Americana]], a sur, e [[Tuvalu]], a oeste.
 
Consta de tres illas -[[Atafu]], [[Nukunono]] e [[Fakaofo]]-
 
O arquipélago de Tokelau está formado por tres atois no sur do océano Pacífico (Atafu, Nukunonu e Fakaofo), situadas a 480 &nbsp;km ó N de [[Samoa Occidental]]. O clima é cálido. Como non hai estradas nin automóbiles, todo o transporte faise por mar. De acordo co relatorio da [[ONU]], de [[1989]], Tokelau fai parte das illas que poden desaparecer no século XXI en caso de que non se tomen medidas para conter o efecto estufa, que aumenta o nivel dos océanos.
 
Cada atol ten o seu propio centro administrativo.
 
O administrador-xeral escólleo o ministro das Relacións Exteriores da [[Nova Zelandia]]. A posesión da terra é exclusividade dos nativos. As principais fontes de renda do arquipélago son a venda de licenzas de pesca, a produción dun tipo especial de atún, o coco e a venda de selos postais.
Liña 45:
== Historia ==
[[Ficheiro:Tokelau Islands.png|300px|esquerda]]
Os atois, entón chamados de Illas Unión, tórnanse protectorado británico en 1877. A petición dos habitantes, o Reino Unido inclúe o territorio na colonia formada polas illas Gillbert e Ellice, actuais [[Kiribati]] e [[Tuvalu]]. A administración é transferida para a [[Nova Zelandia]] en [[1925]] e o nome de Illas Tokelau adóptase en [[1946]]. Trinta anos despois, o arquipélago é denominado apenas Tokelau.
 
En [[1987]], Tokelau reivindica maior autonomía política, que ven sendo adquirida por medio de medidas económicas, como a institución de impostos para servizos de saúde e educación nos anos 90. Para evitar maiores danos aos cardumes de atun, en [[1989]] é prohibido o uso de redes de pesca. En 1994 as institucións administrativas e políticas, antes localizadas en illas veciñas, comezan a ser transferidas para o arquipélago. No mesmo ano é adoptado un plano para a gradual autonomía da illa no período de dez anos.
 
Na década de 1990, introdúcense reformas electorais, e, nas eleccións de 1999, o Xeneral Fono, máis alto corpo consultivo do territorio, ten pola primeira vez os seus delegados electos para un mandato de tres anos.
 
A pesar dos desexos de maior autonomía, os habitantes das illas temen que a [[Nova Zelandia]] inicie un proceso de afastamento de Tokelau. Iso leva o chanceler neozelandés a declarar publicamente en abril de [[2000]] que o seu goberno non vai impor a independencia ao territorio nin facer ningunha mudanza no seu status político sen antes consultar a poboación.
Liña 61:
== Datos xerais ==
 
* '''Área:''' 10´02 &nbsp;km²
* '''Poboación:''' 1400 hab.
* '''Capital:''' Non ten, cada illa adminístrase autonomamente por separado.