Illa de Pentecoste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Iñame.
Liña 43:
Foi vista por primeira vez pola expedición española de [[Pedro Fernandes de Queirós]] en 1606<ref>Brand, Donald D. ''The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations'' New York: The American Geographical Society (New York, 1967) p.137.</ref>. Pentecoste foi avistada de novo no día de [[Pentecoste]], o [[22 de maio]] [[1768]] por [[Louis Antoine de Bougainville]]. Tamén foi avistada polo capitán [[James Cook]], durante a súa viaxe a través das [[Novas Hébridas]] (actual Vanuatu) no 1774. Foi influenciada por diferentes e sucesivos misioneiros [[cristianismo|cristiás]], pero os [[costume]]s tradicionais seguen resistindo fortemente.
 
A illa de Pentecoste é famosa por ser o berce espiritual do [[deporte extremo]] do [[pontismo]] que ten orixe nun antigo ritual chamado [[Gol, Vanuatu|Gol]] ou naghol. Entre abril e xuño de cada ano, os homes do sur da illa saltan desde o alto dunhas torres (ao redor de 20 a 30 metros) de [[vide]]s atados polos seus pés nun ritual para asegurar unha boa [[colleita]] de [[Iñame|i]][[ñame]]. O ritual tamén é utilizado para mostrar [[rito de iniciación|a iniciación á idade adulta]]. O 'gol' deuse a coñecer internacionalmente, cando [[David Attenborough]] e un [[equipo de filmación]] da [[BBC]] rodou imaxes do ritual durante o decenio de 1950. A raíña [[Isabel II do Reino Unido]] visitou Pentecoste en 1974 e foi testemuña da cerimonia, durante a cal morreu un participante debido a que o salto realizouse durante unha [[estación seca]], cando as vides son moito menos [[Elasticidade (mecánica)|elásticas]]. Hoxe en día, os turistas pagan grandes sumas de diñeiro para presenciar a cerimonia, a miúdo durante viaxes dun día que parten de [[Port Vila]].
 
A aldea do norte de Pentecoste, Laone foi o berce de [[Walter Lini]], quen levou á independencia de Vanuatu en 1980. Hoxe en día, o '[[pai da nación]]' é homenaxeado cunha [[estatua]] preto do Lini Memorial College.
Liña 49:
== Estilo de vida e a economía ==
 
Non hai cidades reais en Pentecoste. A maioría dos insulares viven en pequenas aldeas rurais, dedícanse á agricultura de subsistencia e a unha crecente agricultura comercial. O [[Taro]], as [[raíz|raíces]] [[vexetal|vexetais]] adaptáronse ao clima húmido de Pentecoste, é son o [[alimento básico]]. Mandioca ([[iuca]]), [[Iñame|i]][[ñame]], [[banana|plátano]], kumala ([[batata]]), [[coco]]s, [[col]], [[papaia]], [[cítrico]]s, [[cana]], [[cacao]], [[mango]]s, [[ananás]], [[noz (froito)|noces]], e verduras europeas tamén se cultivan para o consumo local.
 
Os habitantes crían 'novillos' ([[gando]]), [[porco]]s e [[galiña|polos]], que se sacrifican xeralmente en ocasións especiais tales como [[matrimonio]]s. [[Pomba]]s, [[Cangrexo]]s e [[peixe]]s tamén son capturados e comidos. [[Can]]s e [[gato]]s vagan polas aldeas, e tamén ocasionalmente poden terminar na pota.