Catedral de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Ábsida: ligazón
Liña 170:
A portada esquerda é a denominada «da morte», pola configuración que acompaña ao peneirado heráldico de [[Castela e León]]. Non posúe decoración no tímpano, só nas arquivoltas e xambas. O nome de Porta da Morte procede dunha figura dun esqueleto con ás, colocado en época posterior nunha das ménsulas.
 
A central, chamada "do sarmental" é moi similar á porta do sarmental da [[catedral de Burgos]], representando a Cristo sedente como Pantocrátor mostrando o Libro da Lei, e arrodeado do tetramorfos: o touro (Lucas), a aguia (san Xoán), o león (San Marcos) e o home (San Mateu). Aos seus lados aparecen evanxelistas sentados, a escribir sobre pupitres. Anxos e anciáns doda [[Apocalipse]] con instrumentos musicais adornan as arquivoltas. O parteluz está ocupado por unha estatua de [[San Froilán]].
 
A portada dereita, chamada "de san Froilán", amosa no seu tímpano escenas da vida do santo, a súa morte e o traslado das súas reliquias á catedral leonesa. As arquivoltas están decoradas con anxos. Esta portada tivo grande importancia na [[Idade Media]] pois por ela entraba o bispo, ao estar situado fronte ao Palacio Episcopal. Ademais, tamén era empregada por todos os peregrinos que entraban por unha porta da muralla preto da catedral para visitar os restos do santo. Actualmente atópase cegada.