Diferenzas entre revisións de «Xoán o Ancián»

 
* O testemuño de Eusebio é discutible, xa que a súa afirmación de que Papías "non era un oínte nin unha testemuña ocular dos santos apóstolos" se contradí coa pasaxe na ''Crónica'' de Eusebio que expresamente chama ao Apóstolo Xoán mestre de Papías.
* A interpretación de Eusebio derivaríase da súa oposición o milenarismo e ao Libro doda Apocalipse. Distinguindo entre dúas persoas co nome de Xoán, Eusebio podería rebaixar ese libro como obra do Ancián, no canto do Apóstolo, e tamén minar a reputación de Papías como alumno do Apóstolo.
* Na pasaxe, Papías usa as mesmas palabras -''presbítero'' (ou ''ancián'') e ''discípulos do Señor''– tanto para nomear os Apóstolos como para nomear ao segundo Xoán. A repetición de Xoán explícase pola "peculiar relación" de Papías con Xoán, de quen deprendera algunhas cousas de xeito directo e outras indirecto.
* Antes de Eusebio non había ningunha mención sobre un segundo Xoán en Asia. Digno de especial atención neste contexto é [[Ireneo de Lión]], el mesmo, alumno de [[Policarpo de Esmirna]]. No seu libro ''[[Adversus Haereses]]'', que se conserva nunha version latina, Ireneo menciona a "Papías, o oínte de Xoán, e un compañeiro de Policarpo" (Libro V, capítulo 33),<ref name="NewAdvent_Irenaeus_1">{{cite web | url=http://www.newadvent.org/fathers/0103533.htm | author=[[Irenaeus|St. Irenaeus]] | | title=Against Heresies (Book V, Chapter 33) | work=The Fathers of the Church | publisher=NewAdvent.org | accessdate=2014-08-03}}</ref> sen sinalar que este fora ningún outro Xoán máis que "Xoán, o discípulo do Señor, quen tamén se apoiara no Seu peito [e] fixera público el mesmo un Evanxeo durante a súa estada en Éfeso, Asia" (Libro III, capítulo 1).<ref name="NewAdvent_Irenaeus_2">{{cite web | url=http://www.newadvent.org/fathers/0103301.htm | author=St. Irenaeus | | title=Against Heresies (Book III, Chapter 1) | work=The Fathers of the Church | publisher=NewAdvent.org | accessdate=2014-08-03}}</ref>
211.832

edicións