Jean-Jacques Rousseau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m →‎O contrato social: recentemente
Liña 31:
Talvez a súa obra máis importante, ''O [[contrato social]]'' delinea a base dunha orde política lexítima. Publicado en [[1762]] e condenado polo parlamento de [[París]] cando apareceu, tornouse unha das obras máis influentes do pensamento político da tradición occidental. Elaborado con base na súa obra anterior, especialmente os ''Discursos sobre a desigualdade'', Rousseau expón aquí o estado da natureza dexenerado nunha condición embrutecida sen lei nin [[moral]]idade, a un punto en que a humanidade deberá optar por reunir as súas forzas pois non pode crealas, mais direcionalas a fin de que se preserven a igualdade e a [[liberdade]]. A pesar de se parecer ao estado de natureza de [[Hobbes]], ese estado dexenerativo, o cal describe Rousseau, é unha suposición usada como argumento retórico da súa obra e sen fundamento histórico.
 
De acordo con Rousseau, ao asociarse a través dun contrato social, os individuos asociados alienan os seus dereitos ao recénrecentemente formado corpo político. Esa total alienación é vantaxosa, posto que se forma aquí un novo corpo, indivisible e con vontade propia, así calquera dano ao corpo será un dano a todos, e calquera vantaxe ao corpo será unha vantaxe a todos, logo ninguén desexará prexudicar aos demais. Afín de preservárense, os individuos asociados deberán obedecer a este corpo, o que non afronta á liberdade, mais substituía da natural pola convencional que será cumprir as leis que son as vontades dun pobo estabelecidas para el mesmo, logo obedecendo ao corpo, obedecese a si mesmo. Isto porque a submisión á autoridade da vontade xeral da poboación como un todo protexe os individuos da subordinación ás vontades doutros pola forza e asegura que estes lle obedezan pois eles son, colectivamente, os autores da lei.
 
Encanto Rousseau argumenta que a soberanía debería estar nas mans do pobo, el tamén fai unha distinción clara entre soberano, goberno e estado. Este goberno é criado nun aparente impase: