Artemisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Mitoloxía grega mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=xuño de 2016}}
''Para a planta chamada '''artemisa''' véxase o artigo:'''[[Herba de Nosa Señora]]'''.''
{{Outroshomónimos|Artemis}}
[[Ficheiro:Diane_de_Versailles_Leochares.jpg|miniatura|dereita|A ''Ártemis de [[Versalles]]'', copia romana da escultura en mármore de [[Leocares]], actualmente no [[museo do Louvre]].]]
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Ártemis''' éra a deusa da caza e das bestas salvaxes. É a irmá xemelga de [[Apolo]] e filla de [[Leto]] e [[Zeus]]. Posteriormente, chegouse a identificar con [[Hécate]], a deusa dos mortos, que recibe como sacrificio humano a [[Ifixenia]], filla de [[Agamenón]]. Este, antes de partir a [[Guerra de Troia|Troia]], ten que ofrecer á súa propia filla en sacrificio á deusa para que os ventos que lle impiden saír da cidade de [[Micenas]] cesen. Isto conlevará o odio da súa esposa [[Clitemnestra]] que, á volta da guerra, dará morte ó seu marido coa axuda do seu amante [[Existo]]. Do mesmo xeito, tamén se asimilou a [[Selene]], deusa da Lúa, que bica pola noite ó pastor [[Endimión]], castigado por [[Xuno]] a durmir trinta anos. O templo máis importante da deusa estaba na cidade [[xonia]] de [[Éfeso]], considerado unha das [[sete marabillas da Antigüidade]], foi construído no ano [[-356|356]] a.C. cun impoñente tamaño e unha profusa decoración [[helenismo|helenística]]. Asemade, foi destruído no ano [[-262|262]] d.C. polos [[godo]]s. As lendas máis importantes nas que participa de forma activa a deusa son as seguintes:
Liña 11 ⟶ 12:
A deusa sóese representar armada con [[alxaba]], arco e frechas, que comparte co seu irmán Apolo. Tamén é protectora da virxindade e castidade femininas, as cales protexeu contra o cazador [[Orión]] do que a deusa se namorou mandándolle un escorpión para que o matara unha vez que este a intentara violar. Como deusa, pode chamar a atención a súa falta de piedade que, nun primeiro momento, salta á vista. Tamén se considerou a fundadora e deusa principal para a lendaria tribo das [[Amazona]]s que, como a deusa, dedicábanse á caza e á loita. Pero esta falta de bondade ou piedade non é tan evidente en realidade, pois tamén proporcionaba unha doce morte ás mulleres no parto cando as cousas se complicaban. En Roma, asimilouse a [[Diana]], coa que compartía multitude de semellanzas e, unha vez inserida nesta civilización, tamén se lle atribúen novos mitos, destacando a súa participación na obra cumio de [[Virxilio]], a ''[[Eneida]]'', onde en todo momento axuda e defende á amazona [[Camila]], a cal, unha vez morta por [[Arrunte]], é vingada pola deusa. En [[Roma]], construíuselle un templo no [[Aventino]] e a súa festa celebrábase nos [[idus]] de agosto, isto é, o día trece.
 
{{Commons|Artemis}}
{{mitoloxía grega}}
 
{{Commons|Artemis}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Artemis}}
 
[[Categoría:Relixión grega]]
[[Categoría:Deuses gregos]]