Riotorto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Vigairía.
Liña 63:
Durante a [[Idade Media]] a zona pertenceu á [[diocese de Mondoñedo]] e ao [[Mosteiro de Santa María de Meira|mosteiro de Meira]]. Consérvanse restos de tallas do século XII, como a Virxe románica da capela de San Bernabé e San Roque, en [[Espasande de Arriba, Santa Marta de Meilán, Riotorto|Espasande de Arriba]], [[Santa Marta de Meilán, Riotorto|Santa Marta de Meilán]]), a de San Pedro da capela de San Pedro de [[Folgueirúa, Galegos, Riotorto|Folgueirúa]] ([[Galegos, Riotorto|Galegos]]), e século XIII, como a de Santa Ana da capela do Vilar de [[Santiago, A Muxueira, Riotorto|Santiago]] ([[A Muxueira, Riotorto|A Muxueira]]). Pola parroquia de Órrea pasaba o [[camiño de Santiago]] procedente de [[Asturias]].
 
Riotorto foi curato de presentación real ordinaria, pertencente á antiga VicaríaVigairía de Miranda. En xaneiro de [[1203]] [[Afonso IX]] dirimiu nun conflito entre o bispo de Mondoñedo e os fillos de Fernando Velaz polos coutos de Riotorto, Canedo e Vilameá. San Xillao de Ferreiravella aparece citado no testamento do bispo [[Martín de Mondoñedo]], que gobernou a diocese entre 1219 e 1248.
 
En 1240 o abade Heimerico do convento de Meira concedeu a cen homes as herdades de Vilanova de Archai e de Albare para as poboaren, lindantes con varios lugares de Riotorto. O mosteiro de Meira tivo propiedades no concello entre os séculos XII e XVI. Os enfrontamentos do mosteiro e o bispo de Mondoñedo provocaron o saqueo das terras de Aldurfe, así como a destrución das súas colleitas e o ataque aos seus homes por parte dos servos e vasallos do bispo.