Historia da China: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Uniformar.
Liña 63:
O rei dos Qin funda unha nova dinastía e toma para si o novo nome de 皇帝 (huángdì), de connotacións relixiosas, que traducimos ao galego por "emperador". A partir deste momento histórico, todos os monarcas chinos posteriores utilizarán este título, abandonando a denominación de "reis" (王 wáng). O novo emperador fíxose chamar 始皇帝 Shǐ Huángdì ("primeiro emperador"), véndose a si mesmo como o primeiro do que esperaba fora unha longa dinastía de emperadores. Hoxe en día os chinos chámano máis frecuentemente Qin Shi Huang ("Primeiro Emperador Qin"). Con el xurde, por primeira vez na historia, un estado chino forte, centralizado e unificado.
 
A Dinastía Qin é famosa por ter iniciado a [[Gran Muralla Chinesa]], que foi posteriormente ampliada e perfeccionada durante a [[Dinastía Ming]]. Inclúense entre as demais contribucións dos qin a unificación do [[dereito]], da [[caracteres chineses|linguaxe escrita]] e da [[moeda]] da China. Até mesmo algo tan prosaico como o cumprimento dos eixos das carrozas ten que ser uniformizadouniformado de modo que permita un sistema comercial viábel que abarcase todo o imperio.
 
== Dinastía Han: unha fase próspera ==