Imperio Bizantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Uniformación.
Liña 113:
A principios do século IX, o Imperio sufrira varias transformacións importantes:
 
* '''UniformizaciónUniformación cultural e relixiosa''': a perda fronte ao Islam das provincias de Siria, Palestina e Exipto trouxo como consecuencia unha maior uniformidade. Os territorios que o Imperio conservaba a mediados do século VII eran de cultura fundamentalmente grega. O latín foi definitivamente abandonado en favor do [[grego clásico|grego]]. Xa en [[629]], durante o reinado de [[Heraclio]], está documentado o uso do termo grego ''basileus'' en lugar do latín ''augustus''. No aspecto relixioso, a incorporación destas provincias ao Islam deu por concluída a crise [[monofisismo|monofisita]], e en [[843]] o triunfo dos iconódulos supuxo por fin a unidade relixiosa.
* '''Reorganización territorial''': no século VII - probabelmente en época de [[Constante II]] (641-668)- o Imperio foi dotado dunha nova organización territorial para facer máis eficaz a súa defensa. O territorio bizantino organizouse en ''[[Exército bizantino#Os themata|themata]]'', distritos militares que eran ao mesmo tempo circunscricións administrativas, e cuxo gobernador e xefe militar, o ''estrategos'', gozaba dunha ampla autonomía.
* '''Ruralización''': a perda das provincias do Sur, onde máis desenvolvemento alcanzaran a artesanía e o comercio, implicou que a economía bizantina pasase a ser esencialmente agraria. A irrupción do Islam no Mediterráneo a partir do século VIII dificultou as rutas comerciais. Decreceu a poboación e a importancia das cidades no conxunto do Imperio, en tanto que empezaba a desenvolverse unha nova clase social, a aristocracia latifundista, especialmente en Asia Menor.