Comisario político: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eoax (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Uniformación.
Liña 23:
Os antecedentes dos comisarios políticos españois foron os comités<ref>"Les commissaires politiques d lármee de la republique espagnole" Luc R., París 1939</ref> da [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]] nas milicias de partido, sindicato, nacionalidade etc; a persoa responsable de representar este comité ante o mando militar recibiu o nome de comisario político, que apareceron nas unidades de milicias máis influenciadas polo [[Partido Comunista de España|PCE]], [[Partido Socialista Obrero Español|PSOE]] e JSU, a presenza de comisarios xa era evidente,<ref>"Il V reggimento" Vidali, Vittorio. ed La Pietra Milano 1976</ref> polo que o goberno de [[Francisco Largo Caballero|Largo Caballero]] os institucionaliza en outubro de 1936, creando un Comisario Xeral de Guerra.
 
A estrutura do comisariado español consistía nun Comisario xeral e catro subcomisarios<ref>{{cita libro|título=Los comisarios políticos en el ejército popular de la República|apelidos=Álvarez|nome=Santiago|ligazónautor=Santiago Álvarez|editorial=[[Ediciós do Castro]]|ano=1989}}</ref>, cada un destes representaba un dos partidos políticos da Fronte Popular así como centrais sindicais<ref>"Los comisarios políticos en la guerra civil española" Nesterenko, Ediciones Progreso, Moscú</ref>. Debido a que a Brigada Mixta era a unidade básica do Exército [[Segunda República Española|republicano]] e polo tanto existían comisarios de Brigada, Batallón e Compañía. O 6 de xaneiro de 1937 o goberno de Largo Caballero promulga unha orde sobre os distintivos dos comisarios políticos mentres existía un debate en todo o territorio real á hora de superar as ideas [[anarquismo|anarquistas]] contrarias á uniformizaciónuniformación, xerarquía e disciplina entre as milicias, que rexeitaban fusionarse nun exército. Os distintivos dos comisarios políticos eran distintivos en forma de estrela de cinco puntas nunha circunferencia en vermello e uns galóns rectangulares para amosar a súa xerarquía dentro do comisariado; nos primeiros meses da súa existencia oficial foron uniformados cun uniforme marrón, pero debido a que debían ser exemplo para os demais e eran un albo fácil pasaron a adoptar a cor caqui igual có resto do exército republicano.
 
O nome oficial do Comisariado era de ''Comisario de Guerra'', e o comisario político era o ''comisario delegado'', ao igual que os militares eran dependentes do Ministerio de Guerra. Os comisarios políticos nas [[Brigadas Internacionais]] tiñan a mesma organización có exército republicano e os seus comisarios políticos eran comisarios propios e elixidos polos brigadistas, sendo o seu Comisario xeneral Luigi Longo durante toda a guerra.