Diferenzas entre revisións de «Axuda:Caracteres especiais»

m
 
=== Mostrando caracteres especiais ===
Para amosar caracteres Unicode ou especiais nas páxinas webs, o ordenador precisa ter instaladas unha ou máis fontes Unicode. AdemáisAdemais o navegador precisa estar configurado de forma correcta para usar estas fontes. A fonte por defecto para textos latinos nas versións máis vellas de [[Internet Explorer]] (IE) para Windows é [[Times New Roman]]. As edicións máis vellas desta fonte non inclúen moitos dos bloques Unicode. Para ver caracteres especiais correctamente no IE debe configurarse para usar unha fonte que inclúa o maior número de bloques ou caracteres Unicode, como TITUS Cyberbit Basic ou GNU Unifont, dispoñibles de forma libre.
 
Os símbolos especiais deberían verse correctamente sen necesidade de configuracións a maiores con [[Konqueror]], [[Opera (navegador)|Opera]], [[Safari (navegador)|Safari]] e a maioría dos navegadores máis recentes. Para ver mellor este tipo de caracteres pode instalarse un software adicional de renderizado de caractes.
Para usar unha das fontes Unicode dispoñible para caracteres especiais dentro dunha táboa HTML ou caixa, especifica o código <code>class="Unicode"</code> na etiqueta correspondente da fila '''TR''' da táboa. No código [[Axuda:Táboas|das táboas wiki]], usa este código tralo equivalente <code>&#124;-</code> (<code>&#124;- class="Unicode"</code>).
 
Para amosar caracteres especiais individuais poden usarse códigos decimais ou hexadecimais [[HTML]] no lugar do caractercarácter. Para visualizar un parágrafo con moitos caracteres Unicode, pode usarse tamén <code>&lt;p class="Unicode"></code> ... <code>&lt;/p&gt;</code>, ou, <code>&lt;span class="Unicode"&gt;</code> ... <code>&lt;/span&gt;</code>.
 
A clase <code>class="Unicode"</code> pode usarse en páxinas web, HTML ou etiquetas wiki cando se precisa amosar diversos caracteres de varios rangos de bloques Unicode. Se os caracteres especiais pertencen a uns poucos bloques Unicode, relacionados coa escritura latina, pode usarse <code>class="latinx"</code>. Para caracteres especiais ou símbolos relacionados co [[Alfabeto Fonético Internacional]], pode usarse <code>class="IPA"</code>. Para caracteres gregos ou símbolos relacionados, pode usarse <code>class="polytonic"</code>.