Abrir o menú principal

Cambios

[[Ficheiro:Francisco de Zurbarán 014.jpg|miniatura|esquerda|200px|''A [[defensa de Cádiz]]'', por [[Zurbarán]].]]
Manter Portugal baixo control requiriu unha ampla forza de ocupación e España estaba aínda recuperándose da quebra de 1576. En 1584 Guillerme de Orange foi asasinado por un fanático católico. A morte do popular líder da resistencia holandesa (cuxa cabeza fora posta a prezo por Filipe II) esperábase que traería o fin da guerra, pero non o fixo. En 1586, a raíña [[Isabel I de Inglaterra]], apoiou a causa protestante nos Países Baixos e Francia, e [[Francis Drake|Sir Francis Drake]] fustrigaba os intereses comerciais españois no [[Caribe (rexión)|Caribe]] e o [[Océano Pacífico]], xunto cun ataque particularmente agresivo ao porto de [[Cádiz]].
[[Ficheiro:Invincible Armada.jpg|miniatura|dereita|250px|A [[Armada Invencible]] (1588).]]En 1588, esperando acabar coa intromisión de Isabel, Filipe enviou a [[Armada Invencible]] a atacar Inglaterra. Dos 130 barcos enviados na misión, só a metade regresaron a España sen incidentes, e uns 20.000 homes pereceron. Algunhas foron vítimas dos barcos ingleses, pero a maioría fórono do duro tempo atopado durante a súa viaxe de regreso. O desastroso resultado, consecuencia dunha combinación do tempo desfavorable e da sorte e eficacia da flotafrota inglesa de [[Lord Howard de Effingham]], provocou unha completa revisión e reparación dos barcos da armada española, as armas e as tácticas. Os ataques ingleses foron respondidos, e grazas a un errado contraataque inglés ([[Armada Inglesa]]) o poder naval español recuperou rapidamente a posición preeminente que mantivo durante outro medio século. España tamén proporcionou axuda a unha durísima guerra irlandesa que baleirou a Inglaterra de recursos e onde tamén resultaron asaltados os pobos costeiros ingleses. Non entanto, agora a Casa de Austria tiña outra vez un poderoso inimigo con quen competir, forzando a España a manter unha armada aínda máis forte e cara, ademais dos enormes gastos dos exércitos nos seus moitos territorios dispersos.
 
España implicouse na guerra relixiosa de Francia logo da morte de Henrique II. En 1589, [[Henrique III de Francia|Henrique III]], o último da liñaxe [[dinastía Valois|Valois]], morreu nas murallas de [[París]]. O seu sucesor, [[Henrique IV de Francia|Henrique IV de Navarra]], o primeiro rei de Francia [[Casa de Borbón|Borbón]], foi un home de gran capacidade, que obtivo vitorias crave contra a [[Liga Católica]] en [[Batalla de Arques|Arques]] (1589) e [[Batalla de Ivry|Ivry]] (1590). Decididos a evitar que Henrique se convertese en rei de Francia, os españois dividiron o seu exército nos Países Baixos e invadiron Francia en 1590.
193.457

edicións