Termóstato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Establecemento de subcabeceiras a un nivel inferior ao da súa cabeceira ("Clasificación").
Liña 2:
Un '''termóstato''' é o compoñente dun sistema de control simple que abre ou pecha un [[circuito eléctrico]] en función da [[temperatura]] ambiente. Utilízase habitualmente en [[calefacción]] para acender ou apagar unha [[caldeira]] ou en [[climatización]] para arrancar ou parar un [[compresor]]. Outro exemplo podémolo atopar nos [[motores de combustión interna]],onde o termóstato controla o fluxo de [[refrixerante]] líquido que regresa ao [[radiador]] dependendo da temperatura do [[motor]].
= Clasificación =
=== Bimetálicos ===
Consiste en dúas láminas de metal, con diferente [[coeficiente de dilatación]], que están unidas. Cando a temperatura ambiente cambia a forma da lámina tamén o fai actuando sobre uns contactos que pechan un circuito eléctrico. Poden ser [[normalmente abertos]] ou [[normalmente pechados]] cambiando o seu estado cando a temperatura alcanza o valor prefixado.
=== Manuais ===
Son os que requiren de intervención humana para volver ao seu estado inicial, como os [[termóstatos de seguridade]] que realizan a función en caso de que a temperatura alcance niveis perigosos.
=== Automáticos ===
Retornan ao seu estado inicial sen necesidade de intervención humana. Actúan de forma totalmente automática, de aí a súa aplicación actual en gran parte dos fogares. Hai dous tipos.
=== De gas encerrado ===
Consiste nun [[gas]] pechado dentro dun tubo metálico. Cando a temperatura sube, o gas expándese e empurra a [[válvula]], que realiza unha determinada función. Para a regulación modifícase o [[volume]] do gas no tubo variando a [[presión]].
=== De parafina ===
Empregado en [[válvulas de control]] de [[fluído]]s, conten unha [[parafina]] encapsulada que se expande ao aumentar a temperatura, ésta a súa vez empurra un disco que permite o paso do fluído. Cando a temperatura do fluído diminúe, un [[resorte]] fai tornar o disco á súa posición inicial pechando o paso. Un exemplo é o usado no sistema de arrefriamento de motores.
=== Electrónicos ===
Os electrónicos son cada vez máis habituais debido as súas vantaxes xa que poden estar libres de partes mecánicas polo que se evitan deterioros, pódense configurar cunha temperatura con "umbral" ou tempo mínimo entre activacións, pódense integrar doadamente nun sistema con máis funcións como un [[programador horario]]. Utilizando un [[controlador PID]] pode facer unha xestión máis intelixente.