Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 54:
== O rei axitado (1571-1598) ==
 
O tempo de xúbilo en Madrid foi efémero. En 1566, disturbios liderados por [[calvinismo|calvinistas]] nos [[Países Baixos españois]] (aproximadamente equivalentes aos actuais Países Baixos e [[Bélxica]], herdados por Filipe da man de Carlos e os seus antepasados [[Borgoña|borgoñóns]]) provocaron que o [[Fernando Álvarez de Toledo|Duque de Alba]] dirixise unha expedición militar para restaurar a orde cunha enérxica represión. En 1568, [[Guillerme I de Orange-Nassau|Guillerme de Orange]] encabezou unha sublevación armada contra Alba, á vez que inicia a guerra propagandística antiespañola coñecida como "[[Lenda Negra]]". Foi o inicio da [[Guerra dos Oitenta Anos]] que, co tempo, dividiu o territorio entre un norte maioritariamente protestante que obtivo a independencia (as [[Provincias Unidas]] encabezadas por [[Países Baixos|Holanda]]), e un [[Países Baixos Españoisespañois|sur católico]] que permaneceu baixo control español (a actual Bélxica).
 
Desde a [[Baixa Idade Media]] existía unha forte conexión económica entre Flandres e os intereses [[la]]neiros da aristocracia e os comerciantes casteláns, particularmente co vital porto de [[Antuerpen]], que se intensificaron coa explotación colonial de América. En 1572, unha banda de rebeldes corsarios holandeses coñecidos como os ''watergeuzen'' ("Esmoleiros de mar") tomaron varios pobos costeiros holandeses, cortando a saída ao mar de Antuerpen e os territorios do norte, en apoio de Guillerme.