Nápoles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 49:
O florecemento comercial baixo a hexemonía marítima ateniense, cun incremento de poboación ata os 30.000 habitantes, viuse ameazado polos pobos [[samnitas]] da rexión. Unha alianza coa potencia emerxente, os [[Roma Antiga|romanos]], rematou coa incorporación das cidades xemelgas ao seu dominio no 327 a.C., inda que mantendo a súa idiosincrasia.
 
A bonanza da base naval continuou ata o século I a.C., pero xusto despois de lle ser concedida a cidadanía romana caeu en desgraciadesgraza sucesivamente con [[Sila]] e [[Xulio César]]. A cidade entrou nun período de decadencia comercial agravada pola erupción do [[Vesuvio]] no 79 d.C. cuxos sismos a danaron, pero mantivo o prestixio da cultura grega que a convertía en atractiva para as elites do [[Imperio Romano|Imperio]] e alí tivo a súa residencia [[Virxilio]] <ref>[http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_7a.jpg ''Planta de Neápolis en época romana; B.Capasso'']</ref>.
 
O trazado urbano mantívose nas súas liñas principais, que serían a base da vila medieval, coa caracterización propia dunha cidade romana, con [[Senado romano|foro]] no canto da ágora, o templo dos Dióscuros,<ref>[http://www.scudit.net/mdpizza_napoli.htm ''Páxina sobre da Neápolis grecorromana; Giulia Grassi'']</ref> termas, dous teatros (un deles cuberto ou odeón), acueduto, fontes e cloacas. Produciuse unha expansión progresiva cara ao porto dende o suroeste,<ref>[http://www.francescocorni.com/disegni/miniature/Napoli_greco_romana_Citta_Napoli_Campania_Italia_A_Ur_CAM_Napoli2.jpg ''Recreación a vista de paxaro da cidade grecorromana'']</ref> mesmo cunha ampliación das murallas en 556 d.C. polo xeneral bizantino [[Narsés (xeneral bizantino)|Narsés]].