Nicolao II de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 112:
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-R43302, Kaiser Wilhelm II. und Zar Nikolaus II..jpg|miniatura|Nicolao II (dereita) con [[Guillerme II de Alemaña]] en 1905. Nicolao leva o uniforme do exército alemán, mentres que Guillerme leva o uniforme do rexemento de húsares ruso.|346x346px]]
O {{xulgregdata|28|6|1914}} o arquiduque [[Francisco Fernando de Austria]], herdeiro ao trono [[Imperio Austro-Húngaro|austro-húngaro]], foi asasinado por [[Gavrilo Princip]] en [[Saraxevo]]. Nicolao vacilou sobre o rumbo que debía seguir Rusia ante este suceso. O comezo da guerra non era inevitable, mais os líderes, diplomáticos e as alianzas do [[século XIX]] crearon un clima de tensión a gran escala. O concepto de [[paneslavismo]] e etnia unía a Rusia e Serbia baixo un tratado de protección, e Alemaña e Austria mantiñan outro tratado parecido entre eles. O conflito territorial creou rivalidades entre Alemaña e Francia, e entre Austria e Serbia, e como consecuencia as redes de alianzas se desenvolveron arredor de Europa. A [[Tripla Entente]] e a [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]] estableceranse antes do comezo da guerra. O asasinato do arquiduque arrastrou a cada un dos membros das alianzas a declarar a guerra entre eles. Nicolao non quería abandonar a Serbia á sorte do ultimato de [[Austria-Hungría]], nin provocar a guerra xeral. Nunha serie de cartas que intercambiou co káiser [[Guillerme II de Alemaña]] ambos proclamaban os seus desexos de paz, e cada un intentou que o outro retrocedera. Nicolao desexaba a mobilización do exército ruso, mais só ate a fronteira austríaca, coa esperanza de evitar a guerra contra o [[Imperio Alemán]].
 
Porén, o seu exército non tiña plans de continxencia para a mobilización parcial, e o {{xulgregdata|31|7|1914}} Nicolao tomou a decisión de ordenar a mobilización xeral, aínda que fora aconsellado en contra diso. O {{xulgregdata|25|7|1914}} tivo lugar o Consello de Ministros reunido en [[Krasnoye Selo]] no que Nicolao decidiu intervir no conflito austro-serbio, un paso cara a guerra xeral. Puxo ao exército ruso en alerta.<ref name="ReferenceC">Merriman, John (2009) ''A History of Modern Europe Volume Two'', W. W. Norton & Company, ISBN 0393933857, p. 967</ref> A pesar de que non era unha mobilización, supuxo unha ameaza para as fronteiras alemás e austríacas e parecía unha declaración de guerra.<ref name="ReferenceC" />
 
[[Ficheiro:Gw tsarstaff 01.jpg|miniatura|300px|esquerda|O tsar Nicolao II na [[Stavka]].]]
 
O {{xulgregdata|28|7|1914}}, Austria declarou formalmente a guerra contra [[Serbia]], provocando que Alemaña declarase a guerra contra Rusia e os seus aliados, [[Francia]] e [[Reino Unido]]. O {{xulgregdata|29|7|1914}}, Nicolao enviou un telegrama a [[Guillerme II de Alemaña]], suxerindo que o problema de Austria e Serbia se resolvese na [[Conferencia da Haia]]. Guillerme non fixo mención a isto na súa respostade.<ref>[http://www.gutenberg.org/catalog/world/readfile?fk_files=1630347&pageno=1 The Evidence in the Case. A Discussion of the Moral Responsibility for the War of 1914, as Disclosed by the Diplomatic Records of England, Germany, Russia, France, Austria, Italy and Belgium]. By James M. Beck (James M. Beck – LL.D. Late Assistant Attorney-General of the U. S. Author of "The War and Humanity."), ([http://www.gutenberg.org/catalog/world/readfile?fk_files=1630347&pageno=81 p.81], [http://www.gutenberg.org/catalog/world/readfile?fk_files=1630347&pageno=106 p. 106])</ref><ref>Palaeologus, M. G. (1991) ''[http://militera.lib.ru/memo/french/paleologue/index.html Tsarist Russia during World War]'', Moscow: International Relations, pp. 155, 156 (in Russian); 1st Edition: Paléologue M.G. La Russie des Tsars pendant la grande guerre.— Paris: Plon, 1922. (Chapter XII); [http://www.gwpda.org/memoir/FrAmbRus/pal1-08.htm Maurice Paléologue. An ambassador's memoirs] (Volume 1, Chapter VIII, see Sunday, 31 January 1915)</ref><ref>Buchanan, G. (1923) [https://archive.org/stream/mymissiontorussi01buchuoft#page/200/mode/1up/search/+Hague ''My Mission to Russia and other diplomatic memories'']. London: Cassell. p. 200. Archive.org. Retrieved on 1 May 2014.</ref><ref>Churchill, Winston (1931) ''The unknown war''. London: C. Scribner's Sons, p. 170.</ref><ref>[[#Massie1967|Massie (1967)]] pp. 84, 320 in Russian edition</ref><ref>[[Martin Gilbert]]. The First World War: A Complete History, 1994, p. 27</ref><ref>[[John Keegan]]. The First World War, 1998, p. 63</ref><ref>[[Hew Strachan]], ''The First World War, Vol I: To Arms'' (2001), p. 85</ref><ref>Hamilton, Richard F. and Herwig, Holger H. (2003) ''Origins of World War One'', Cambridge University Press, ISBN 0521817358, p. 514</ref><ref>Zubov, Andrei (ed.) (2010) ''History of Russia XX Century Volume I, 1894–1939'', AST Publishers, p. 291</ref> O conde Witte dixo ao embaixador francés, [[Maurice Paléologue]] que desde o punto de vista ruso a guerra era unha toleada, a solidariedade eslava non tiña sentido e Rusia non podía esperar nada da guerra.<ref>[[#Tames|Tames]], p. 43</ref> O {{xulgregdata|31|7|1914}}, Rusia completou a súa mobilización, pero aínda mantiña a postura de non atacar se comezaban as conversas de paz. Alemaña respondeu a isto exixindo a desmobilización rusa nas seguintes doce horas.<ref>{{cite web|autor=Josef und Ulli |url=http://www.geocities.com/Athens/Rhodes/6916/ww1.htm |título=Germany during World War One |editor= |date= |dataacceso=7 de setembro 2009|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20091018191920/http://geocities.com/Athens/Rhodes/6916/ww1.htm|dataarquivo=18 de outubro de 2009}}</ref> En [[San Petersburgo]], ás 7 da tarde, ao expirar o ultimato a Rusia, o embaixador alemán reuniuse co Ministro de Asuntos Estranxeiros [[Sergei Sazonov]], pediulle que Rusia reconsiderase a súa postura en tres ocasións e, ao non mudar os rusos a súa decisión, déronse a man e enviou a nota a Alemaña de que Rusia aceptara a declaración de guerra.
 
== Revolución de Febreiro ==