Nicolao II de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 110:
 
== Primeira Guerra Mundial ==
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-R43302, Kaiser Wilhelm II. und Zar Nikolaus II..jpg|miniatura|Nicolao II (dereita) con [[Guillerme II de Alemaña]] en 1905. Nicolao leva o uniforme do exército alemán, mentres que Guillerme leva o uniforme do rexemento de húsares ruso.|346x346px]]
O {{xulgregdata|28|6|1914}} o arquiduque [[Francisco Fernando de Austria]], herdeiro ao trono [[Imperio Austro-Húngaro|austro-húngaro]], foi asasinado por [[Gavrilo Princip]] en [[Saraxevo]]. Nicolao vacilou sobre o rumbo que debía seguir Rusia ante este suceso. O comezo da guerra non era inevitable, mais os líderes, diplomáticos e as alianzas do [[século XIX]] crearon un clima de tensión a gran escala. O concepto de [[paneslavismo]] e etnia unía a Rusia e Serbia baixo un tratado de protección, e Alemaña e Austria mantiñan outro tratado parecido entre eles. O conflito territorial creou rivalidades entre Alemaña e Francia, e entre Austria e Serbia, e como consecuencia as redes de alianzas se desenvolveron arredor de Europa. A [[Tripla Entente]] e a [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]] estableceranse antes do comezo da guerra. O asasinato do arquiduque arrastrou a cada un dos membros das alianzas a declarar a guerra entre eles. Nicolao non quería abandonar a Serbia á sorte do ultimato de [[Austria-Hungría]], nin provocar a guerra xeral. Nunha serie de cartas que intercambiou co káiser [[Guillerme II de Alemaña]] ambos proclamaban os seus desexos de paz, e cada un intentou que o outro retrocedera. Nicolao desexaba a mobilización do exército ruso, mais só ate a fronteira austríaca, coa esperanza de evitar a guerra contra o [[Imperio Alemán]].
 
== Revolución de Febreiro ==
{{AP|Revolución de Febreiro}}