28 Weeks Later: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 46:
Debido á dificultade da situación vense na obriga de fixar un novo punto de rescate no [[Estadio Wembley]].
 
Os superviventes corren por toda a cidade mentres son perseguidos polos infectados e atacados con gases químicos por parte do exército. O grupo sobe a un coche abandonado para agocharse dos infectados e dos gases e unha vez que morren os infectados tentan marchar acendendo o motor pero non o conseguen, polo que Doyle sae para apuxar do coche e poder saír. No intento, Doyle é alcanzado polas chamas que lle mandan os soldados e morre queimado. Scarlett e os rapaces foxen esquivando os gases nas rúas e tentando evadir os disparos dos helicópteros militares. Para agocharse chegan ata o sistema do metro de Londres, onde ela e os nenos continúan a pé. Usando a mira nocturna da arma de Doyle, Scarlett diríxeos atravesando zonas con gran cantidade de cadáveres e esqueletos. O grupo sepárase na escuridade e Scarlett atopa a Andy e a Tammy aínda que logo é atacada e desarmada por un infectado que resulta ser novamente Don e é brutalmente asasinada. Mentres Andy vaga polo Metro atópase co seu pai infectado e este atácao infectándoo. Tammy vese forzada a asasinar ó seu pai e cando o mata fíxase se Andy foi infectado ( mostra os signos da infección aínda que non presenta os síntomas ó igual que a súa nai Alice), pero Tammy non parece notalo (ou non quere facelo). Eles dous continúan ata o lugar do rescate no estadio Wembley, onde Flynn xa agardaba. Ó velos só a eles, pregunta por Doyle. Tammy respóndelle que só quedan eles dous e Flynn rescátaos levándoos ata Francia, atravesando o sur da xeografía británica.
 
28 días despois... os restos do helicóptero aparecen en escena e alguén pide axuda en francés a través dunha radio abandonada no helicóptero. Non se indica onde se atopan Flynn, Tammy e Andy, pero na última escena, un grupo de infectados son vistos correndo nunha estación do [[Metro de París]] pasando polo [[Pazo de Chaillot]] e por riba aparece nun amencer a [[Torre Eiffel]], dando a entender que Andy, portador do virus transmitírao a outros en [[Francia]].