28 Weeks Later: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 39:
Andy e Tammy son devoltos polos militares á zona de seguridade e Alice regresa non sen antes pasar por un rigoroso proceso de desinfección para os superviventes. Scarlett realiza unha proba de sangue a Alice e revela que está infectada co virus, pero que non presenta os síntomas, aínda que visiblemente ten un derramo no ollo esquerdo.
Don recibe as novas de que os seus fillos atoparon a Alice, que se atopa nunha cela hermética, e posteriormente diríxese ó sitio onde ela se atopa (xa que é o encargado das luces e o mantemento da electricidade na zona de seguridade) polo cal ten acceso a tódalas áreas e ó encontrarse con Alice, bícaa e
Andy escapa da multitude a un área onde non había infectados e alí atopa a Tammy e a Scarlett. Móstrasenos que Doyle, incapaz de disparar contra os posibles infectados non inocentes, diríxese a este sitio onde se atopa cos irmáns, Scarlett e outros superviventes. El dilles que terán que saír do sitio, posto que se deu a orde de disparar contra calquera que se atope con vida temendo máis infectados. Flynn contacta a Doyle e dille que en 4 minutos toda a área de seguridade será bombardeada e que teñen que fuxir. Despois dun dificultoso camiño pola cidade saen da zona de bombardeo xusto a tempo cando os mísiles cargados con [[napalm]] caen sobre o Distrito 1 e a través dun túnel que pasa por baixo do [[Támese]] diríxense a [[Regent's Park]], onde Scarlett infórmalle a Doyle que a posible cura á infección está nos rapaces, e que eles deben facer todo o posible para salvalos e mantelos seguros.
|