28 Weeks Later: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *derrame
Liña 35:
Scarlett ([[Rose Byrne]]), médico oficial do Exército de Estados Unidos, examina ós británicos retornados que se atopaban no exterior no momento da infección primaria, e enfádase ó non ser informada polos seus superiores da chegada de menores de idade á zona de seguridade militarizada en Londres designada para a repoboación. Os menores en cuestión son a adolescente Tammy ([[Imogen Poots]]), e o seu irmán menor Andy ([[Mackintosh Muggleton]]). Ambos son examinados previa chegada ó país, e Scarlett nota que Andy ten os ollos de distintas cores ([[heterocromía]]), indagando con el até descubrir que é un fenómeno herdado da súa nai (Alice). Os soldados estadounidenses Doyle ([[Jeremy Renner]]) que é francotirador, e Flynn que pilota un [[helicóptero]], son introducidos na historia facendo bromas acerca do acontecido despois da infección. Andy e Tammy son levados xunto cos outros retornados á zona de seguridade Distrito 1 de Londres (situada na [[Illa dos Cans]] que é o lugar principal no que se desenvolve o filme) en [[Canary Wharf]]. Os rapaces reúnense co seu pai, quen resulta ser Don. No seu novo fogar no ático dun edificio da zona de seguridade, Don, minte ós seus fillos dicíndolles que a súa nai foi asasinada polos infectados e que el non puido facer nada para salvala.
 
Andy sofre pesadelos esa mesma noite e ten medo de esquecer como era a face da súa nai. Tammy promételle que conseguirá unha foto para que non a esqueza. Ó día seguinte Andy e Tammy escapan da zona de seguridade e chegan ata a súa antiga casa onde AndAndy atopa á súa nai en completo shock.
 
Andy e Tammy son devoltos polos militares á zona de seguridade e Alice regresa non sen antes pasar por un rigoroso proceso de desinfección para os superviventes. Scarlett realiza unha proba de sangue a Alice e revela que está infectada co virus, pero que non presenta os síntomas, aínda que visiblemente ten un derramo no ollo esquerdo.