Porta do Atlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Correxín un erro relacionado co paso subterráneo
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 3:
A '''''Porta do Atlántico''''' é un [[monumento]] obra do artista [[Ponteareas|ponteareán]] [[Silverio Rivas]] de [[1990]] situado no barrio das Travesas da cidade de [[Vigo]].
 
Componse de tres elementos que proceden dun mesmo bloque de [[granito]] rosa do [[O Porriño|Porriño]]. As pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas nunha [[canteira]] do Porriño. A parte principal e máis recoñecíbel é unha gran porta de 14 metros de altura e 427 toneladas que fica nun grande encoro circular no medio e medio da praza de América, por riba dun paso subterráneo que comunica as avenidas de Castelao, PiLópez i MargallMora e Gran Vía. O encoro, en realidade unha gran fonte con chafarices centrais, reborda a tona da auga nun circuíto pechado. Arrodéase de dous socalcos de [[paralelepípedo]]s de granito rosa. A comezos do século XXI instaláronse na fonte algúns grupos de flores para que non fose tan fría a imaxe da obra. A porta consta de dúas [[xamba]]s e un gran [[lintel]]. Das xambas, cara o van, penduran dúas pezas que representarían [[Europa]] e as [[América]]s.
 
A segunda parte é un bloque que fica no comezo da Gran Vía, e a última un bloque ao principio da avenida de Castelao<ref>[http://hoxe.vigo.org/conecenos/e_atlantico.php?lang=gal A Porta do Atlántico] na páxina do concello.</ref>.
Liña 9:
Anteriormente no centro da praza só había un farol con varios brazos. A instalación da obra levouse a cabo en 1990, cando se construíu o paso inferior para liberar o tráfico das Travesas.
[[Ficheiro:Porta do Atlántico, Silverio Rivas, 1992.JPG|miniatura|esquerda|275px|A Praza de América nas Travesas de Vigo coa Porta do Atlántico no medio e medio e o [[Instituto Santa Irene]] ao fondo.]]
 
== Significado ==
Trátase dunha homenaxe aos [[emigrante]]s galegos que saíron de Vigo cara as Américas nos buques durante os século XIX e XX, por iso a mesma cidade é denominada ''a porta do Atlántico''. Hoxe é un dos monumentos máis coñecidos da cidade. É un bo exemplo de sinxeleza do concepto e da plasticidade tallado directamente en granito.<ref>[http://www.turismodevigo.org/gl/porta-do-atlantico Turismo de Vigo]</ref>