Fernando Pessoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 39:
[[Ficheiro:Lisboa-Pessoa-A Brasileira-1.jpg|miniatura|Estatua de Pessoa, no Chiado, Lisboa.]]
 
A obra ortónima de Pessoa pasou por diferentes fases, mais envolve basicamente a procura dun certo patriotismo perdido, a través dunha actitude [[Sebastianismo|sebastianista]] reinventada. O ortónimo foi profundamente influenciado, en varios momentos, por doutrinas relixiosas como a [[teosofía]] e sociedades secretas como a [[masonaría]]. A poesía resultante ten un certo ar mítico, heroico (case [[épico]], mais non na acepción orixinal do termo), e por veces [[tráxico]].É un poeta universal, na medida en que nos foi dando, mesmo con contradicións, unha visión simultaneamente múltipla e unitaria da Vida. É precisamente nesta tentativa de ollar o mundo dunha forma múltipla (cun forte substrato de filosofía racionalista e mesmo de influencia oriental) que reside unha explicación plausible para ter criado os celebres heterónimospseudónimos: [[Alberto Caeiro]], [[Álvaro de Campos]] e [[Ricardo Reis]], sen contarmos aínda co semiheterónimo [[Bernardo Soares]].
 
A principal obra de "Pessoa el-mesmo" é ''[[Mensagem]]'', unha colección de poemas sobre os grandes personaxes históricos portugueses. O libro foi, tamén, o único a ser publicado en canto foi vivo.