Maurice Garin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:1897garin.jpg|250px|miniatura|dereita|Maurice Garin en [[1897]].]]
'''Maurice Garin''', nado o [[3 de marzo]] de [[1871]] na localidade italiana de [[Arvier]], e finado o [[19 de febreiro]] de [[1957]] en [[Lens, Paso de Calais|Lens]], foi un [[ciclismo|ciclista]] [[Francia|francés]] de finais do século XIX e comezos do século XX, que é recordado sobre todo por ter sido o primeiro gañador do [[Tour de Francia]], en [[Tour de Francia 1903|1903]].
== Carreira deportiva ==
Os primeiros éxitos da súa carreira ocorreron en [[1893]], [[1894]] e [[1895]], moitos deles en probas de resistencia de 24 horas ou centos de quilómetros, que tiñan lugar en pistas ou velódromos. En [[1897]] e [[1898]] acadou sendas vitorias na [[París-Roubaix]], amais doutros triunfos. En [[1902]] gañou a prestixiosa pero desaparecida [[Bordeos-París]]. Cando en [[1903]] naceu o [[Tour de Francia]], Garin xa tiña 32 anos, pero aínda era considerado un dos favoritos para a vitoria final en [[París]], cousa que confirmou acadando 3 vitorias de etapa nun total de 6 e o triunfo final con case 3 horas de vantaxe sobre o segundo clasificado. En [[Tour de Francia 1904|1904]] acadou de novo a vitoria na ''Grande Boucle'', con 2 vitorias de etapa, pero 4 meses despois foi desposuido do título acusado de ter feito parte do percorrido en coche, algo que el negou durante o resto da súa vida. Nesa actuación foron eliminados da carreira os 4 primeiros clasificados daquel Tour, no só Maurice Garin. Suspendido deportivamente por 2 anos, decidiu retirarse do deporte profesional.
 
Trala súa retirada montou un taller de bicicletas na cidade de [[Lens, Paso de Calais|Lens]], e mesmo creou un equipo profesional chamado "Garin".
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===