Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro de Ansemil»

corrixo *derrame
m (→‎Exterior: Arranxos varios using AWB)
(corrixo *derrame)
A igrexa é de planta basilical de tres naves separadas por intercolumnios de arcos semicirculares peraltados e unha [[ábsida]] rectangular con dúas capelas engadidas. Cúbrese con tellado de madeira e as naves divídense en tramos por piares de sección cuadrangular no centro e adosados no do testeiro e en columna no muro occidental. Os piares son encapitelados por unha moldura de tenia e chaflán recto uns e outros en nacela. As basas cunha moldura en chaflán recto, e unha delas presenta unhas piñas.
 
O interior do templo está encalado na súa case totalidade. No muro occidental sobre a moderna ventá unha cabeza de carneiro reaproveitada polos construtores da reforma da fachada no século vinte. Nos laterais do mesmo muro as dúas seteiras ábrense con derramederramo interior en arco de medio punto.
 
O muro meridional presenta unha seteira a medio tapiar e un gran arco apuntado que comunica coa capela funeraria. As naves cóbrense de madeira, plana na central e a unha vertente nas laterais.
A ábsida lateral meridional ábrese cun arco triunfal de medio punto peraltado e dobrado apoiado sobre pilastras a modo de xambas. No interior cúbrese con bóveda de canón. A ábsida lateral setentrional aparece pechada por un murete cunha porta no centro. A bóveda desta ábsida arrinca apoiada nunha imposta a maior altura ca do arco triunfal.
 
A ábsida central presenta un arco semicircular peraltado e dobrado sobre o que se atopa unha seteira con derramederramo interior. Cúbrese con bóveda de canón enlucida que descansa sobre o arco triunfal e un arco toral que descansan en columnas entregas.
 
Os capiteis do arco triunfal presenta motivos vexetais, dous tipos de grandes follas rematadas en espiral. Os fustes confórmanse por dous tambores de tamaño desigual. As basas son áticas co plinto redondeado e unha cabecina de lobo invertida no centro da escota e aos lados dúas pomas.
54.109

edicións